Galego Moderno: Historia, Lingua e Cultura no Século XX

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,78 KB

Contexto Histórico do Galego Moderno

No século XX, a sociedade galega seguía a ser maioritariamente rural e campesiña, como consecuencia da economía atrasada e da escasa industrialización. A poboación seguía a sufrir o drama da emigración e as condicións de vida dos campesiños eran moi precarias; vivían afogados polos impostos do foro. Neste contexto, xurdiu o agrarismo.

En 1926, produciuse a redención dos foros, o que levou á desaparición da fidalguía rendeira, que tiña neles a súa principal fonte de ingresos.

A Situación da Lingua Galega

A lingua galega seguía a ser o idioma de comunicación oral da maioría da poboación, pero rexistrábase unha perda progresiva de falantes. Por outra banda, durante esta etapa medrou a difusión de estereotipos negativos asociados ao galego, considerado lingua das clases baixas e analfabetas. Nos usos formais, o emprego do galego era moi escaso.

As Irmandades da Fala

No século XIX, alentouse o provincialismo e o rexionalismo a través dunha tendencia cultural e política que define Galicia como unha nación con lingua, territorio, historia, institucións e cultura de seu. Este movemento, coñecido como nacionalismo, concibe a lingua como o piar fundamental da identidade.

Iniciativas pola Lingua e Cultura Galega

Promoveuse a utilización do galego en moitos ámbitos da escritura e da oralidade nos que apenas tiña presenza. En relación co anterior, creáronse:

  • Publicacións periódicas monolingües en galego.
  • Editoriais dedicadas ao libro en galego.
  • Iniciouse a recuperación da auténtica toponimia galega.
  • Fundáronse compañías teatrais.
  • Creáronse entidades científicas.

O Seminario de Estudos Galegos

En 1923, un grupo de mozos universitarios fundou o Seminario de Estudos Galegos. Os seus obxectivos eran estudar dun xeito interdisciplinario os diferentes aspectos da realidade galega e formar novos investigadores, ata que a súa actividade foi interrompida co inicio da Guerra Civil en 1936.

O Grupo Nós

En 1920, publicouse o primeiro número da revista Nós, o proxecto editorial máis importante do galeguismo de preguerra. A revista foi impulsada por un conxunto de intelectuais que, en virtude desta emblemática iniciativa, recibiron o nome do Grupo Nós. Son eles: Risco, Pedrayo, Cuevillas, Antón Losada e Castelao. Naceron na década de 1880, cursaron estudos universitarios e posuían unha amplísima formación intelectual. Eran individuos inadaptados e inconformistas, que realizaron un traballo fundamental en diversos campos e contribuíron ao desenvolvemento e modernización da prosa e do ensaio galego.

Entradas relacionadas: