Glosari de Termes, Sinònims i Homònims en Gallec

Clasificado en Francés

Escrito el en catalán con un tamaño de 9,41 KB

Vocabulari i Semàntica

Allo: Bulbo da planta do mesmo nome que se usa como condimento. (denot.) / «Listo coma un allo» = ser moi listo. (connot.)

Asexuado: Que non ten caracterización sexual.

Braña: Terreo enchoupado en auga ou onde nace a auga.

Chan: Superficie que se pisa.

Coñecido: Con quen se ten trato.

Verbs i Accions

Cantar: Emitir coa voz sons melodiosos. (denot.) / Descubrir ou confesar un segredo. (connot.)

Fender: Abrir pola forza dun golpe. Abrir un corpo moi sólido.

Rachar: Abrir tirando de dúas partes. Abrir un corpo menos sólido.

Fauna, Flora i Natura

Cabra: Mamífero doméstico artiodáctilo da familia dos bóvidos. Peixe mariño. (denot.) / «Estar coma unha cabra» = ter pouco xuízo. (connot.)

Carneiro: Ruminante ovino macho domesticado. (denot.) / Persoa de pouca educación e modais pouco finos. (connot.)

Néboa: Menos mesta e húmida.

Mera: Máis mesta e húmida.

Veiga: Terreo por onde discorre un río pero onde non nace a auga.

Solo: Parte superficial da terra.

Societat i Condicions

Exilio: Por problemas políticos.

Emigración: Por problemas económicos.

Público: Que afecta á colectividade.

Conceptes i Qualitats

Infantil: Relativo ou pertencente á infancia. (denot.) / Comportamento de persoas maiores propio de cativos. (connot.)

Inefable: Que non se pode expresar con palabras.

Inexorable: Que non se deixa levar pola piedade ou polos rogos.

Lercho: Que non é quen de respectar nada nin a ninguén e nunca está calado. Que non quere traballar.

Ineluctable: Que non se pode evitar.

Agrupacions de Sinònims i Semàntica

11. Homilía / Panexírico: Discurso.

Indicio / Síntoma: Sinal.

Cranio / Caluga: Parte da cabeza.

Catilinaria / Diatriba: Crítica virulenta, extrema.

Classificacions

20. a) Filial: Institución que depende doutra. Propio de fillos.

b) Operacións: Procesos matemáticos. Intervencións cirúrxicas.

c) Leva: Traslada dun sitio a outro. Aguanta.

Paraules Polifòniques i Homòfones

21. Acerbo: Áspero ou amargo ao gusto. / Acervo: Conxunto de bens comúns a un conxunto ou a unha colectividade.

Pena: Condena, tristeza. / Pena: Pedra moi grande.

Coma: Signo ortográfico. / Coma: Estado patolóxico.

Onda: Cada unha das elevacións que a forza do vento produce na superficie do mar, dun lago ou dun río. / Onda: Preposición que indica proximidade espacial.

Piar: Dar píos ou chíos as aves. / Piar: Parte superior do segundo antepeito dunha ventá ou elemento vertical macizo que se coloca illado nunha construción e que serve de soporte.

Impar: Chorar con xemidos entrecortados ou respirar con dificultade. / Impar: Número enteiro que non é múltiplo de dous.

Peto: Caixa ou recipiente pechado para gardar moedas. / Peto: Parte da armadura que protexe o peito. / Peto: Ave insectívora da familia dos pícidos que peta nos toros das árbores vellas para facer un furado no que instala o seu niño.

Velar: Quedar esperto por algún fin ou por falta de sono. / Velar: Cubrir cun veo. Relativo ou pertencente ao veo do padal.

Neto: En relación ao avó ou avoa, fillo dun fillo ou dunha filla. / Neto: Completamente puro. Medida de capacidade.

Radio: Aparello que serve para emitir ou recibir sinais electromagnéticos. Elemento químico radioactivo. / Radio: Óso longo situado na parte externa do antebrazo.

Vela: Ausencia de sono. / Vela: Peza de lona, tea forte ou fibra sintética que, amarrada aos paos dunha embarcación, recolle o vento.

Son: Sensación acústica. / Son: Verbo ser.

Comparacions i Matisos

22. Convención: Acordo, convenio ou pacto entre as partes interesadas. Congreso dun partido político. / Convicción: Acción e efecto de convencer ou convencerse.

Adición: Acción ou efecto de sumar ou engadir. / Adicción: Inclinación ou tendencia do ánimo moi difícil de evitar. Dependencia psíquica ou física do consumo dalgunha droga.

Salobre: Que ten sal ou sabor a sal. / Salubre: Saudable.

Apóstrofe: Figura oratoria que consiste en interrompre o discurso o orador dirixíndose a cousas ou persoas reais ou ficticias. Interpelación dirixida a alguén. / Apóstrofo: Signo ortográfico usado nalgúns idiomas para indicar a supresión dalgunhas letras.

Crítico: Relativo á crítica. Situación ou momento decisivo. Persoa que xulga ou critica. / Críptico: Dise do que resulta moi difícil de entender.

Inicuo: Que carece de equidade e de xustiza. / Inocuo: Que non fai mal nin prexudica.

Diferenza: Aquilo polo que unha persoa ou cousa se distingue doutra. / Deferencia: Aceptación da opinión, ditame ou proceder alleo por respecto. Amabilidade ou atención cara a alguén.

Esotérico: Oculto, misterioso, considerado secreto. / Exotérico: Que se pode manifestar en público, que é comprensible para todos.

Sono: Necesidade ou desexo de durmir. / Soño: Imaxes, pensamentos e outros fenómenos psíquicos que se manifestan durante o sono e que se perciben como reais.

Antonimia: Significación contraria de dous vocábulos. / Antinomia: Contradición.

Esfolar: Sacarlle a pel a un animal. / Esfollar: Quitarlle a folla ás plantas ou aos froitos, especialmente á espiga do millo.

Prótase: Primeira parte dun drama, poema narrativo, etc. Membro da oración condicional que expresa a condición. / Prótese: Peza implantada. Adición ao comezo da palabra dun son non etimolóxico.

Intercesión: Acción ou efecto de falar a prol dunha persoa ou dunha causa. / Intersección: Acción e efecto de cortárense entre si dúas liñas, dúas superficies ou dous corpos.

Infalible: Que non comete erros. / Inefable: Dise do que non se pode expresar con palabras.

Zoa: Fai ruído xordo e rouco (o vento, por exemplo). / Zona: Parte de calquera superficie delimitada e caracterizada por unha circunstancia concreta.

Annexos i Complements Lexicals

31. a) Hilarantes: Que producen hilaridade (expresión ruidosa de alegría ou satisfacción, riso). Epónimo: Personaxe real ou imaxinario que dá nome a unha época, lugar, cidade ou a algún movemento literario, artístico, etc. Personaxe do que se colle o nome como representación de calquera cousa. Lapsus: Erro involuntario que se comete falando ou escribindo, por descoido ou esquecemento.

b) Retórica: Elocuencia, oratoria. Designan: Amosan, apuntan, indican. Orixe: Fonte, xénese. Célebre: Afamado, celebrado, famoso, notable, sonado. Conflito: Desavinza, discordancia, discrepancia, disputa, guerra, enfrontamento, pelexa. Sublime: Espléndido, extraordinario, grandioso, magnífico, excelso. Incorporar: Agregar, anexar, xuntar, engadir. Xenial: Espléndido, extraordinario, marabilloso, portentoso, sublime.

c) Teñen: Carecen. Reais: Imaxinarios. Profesor: Alumno. Confundir: Discernir, distinguir. Crecente: Minguante, decrecente. Recomendarlle: Desaconsellarlle, censurarlle, criticarlle. Atinado: Equivocado, desacertado.

d) Color — DENOTATIVO: Sensación ou impresión que a luz diversamente absorbida e reflectida polos corpos produce no órgano da vista. CONNOTATIVO: Característica.

Brillantes — DENOTATIVO: Que relocen. CONNOTATIVO: Grandes, impresionantes.

Perla — DENOTATIVO: Concreción nacarada de forma esférica, dura e brillante, que se forma no interior dunha cuncha de certos moluscos. CONNOTATIVO: Expresión.

Entradas relacionadas: