Glosario de Termos de Lingua, Cinema e Literatura

Clasificado en Magisterio

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,1 KB

Conceptos de Lingua, Literatura e Cinema

O texto argumentativo

Texto argumentativo: aquel no que o autor presenta unha opinión acerca dun tema, defende o seu punto de vista e achega datos, informacións e argumentos para probar a veracidade das súas ideas.

Linguaxe cinematográfica: planos e encadramentos

  • Plano: conxunto de imaxes que se filman desde que se pulsa o botón da cámara ata que se solta.
  • Escena: conxunto de planos delimitados por un mesmo escenario, uns mesmos personaxes e unha mesma acción.
  • Secuencia: sucesión de planos integrados nunha ou máis escenas, que forman unha unidade dentro da película; a formada por un só plano chámase plano-secuencia e nela o tempo narrado é igual ao tempo real.
  • Gran plano xeral: abarca un espazo amplo (paisaxe, multitude), serve para ambientar o escenario no que transcorren os feitos.
  • Plano xeral ou de conxunto: os personaxes aparecen de corpo enteiro, integrados no escenario; ten como finalidade situar os personaxes nun contexto.
  • Plano americano: a figura encádrase desde os xeonllos para arriba, é moi característico das películas americanas, serve para achegar a imaxe ao espectador.
  • Plano medio ou plano curto: o personaxe aparece desde a cintura para arriba, é habitual nos diálogos.
  • Primeiro plano: o encadramento céntrase nunha parte do corpo, como o rostro; úsase xeralmente para mostrar os sentimentos e reaccións dos personaxes.
  • Plano detalle: amosa un obxecto ou unha parte pequena do corpo do personaxe, a súa función é centrar a atención do espectador.
  • Encadramento normal ou frontal: a cámara sitúase á altura dos ollos do personaxe, busca un efecto realista.
  • Encadramento picado: a cámara sitúase por encima do personaxe e a escena rexístrase desde arriba; o personaxe aparece empequenecido e angustiado polas circunstancias.
  • Encadramento contrapicado: a cámara colócase máis abaixo e, polo tanto, a escena fílmase de abaixo cara arriba. Pretende engrandecer o personaxe e resaltar a súa importancia.
  • Encadramento holandés ou aberrante: encadramento en diagonal que busca poñer nervioso ao espectador e indicarlle que vai suceder algo, é típico das películas de terror.

Conceptos de sociolingüística

  • Competencia lingüística: é a capacidade que ten unha persoa para desenvolverse nunha lingua concreta, tanto en comprensión como en expresión.
  • Lingua inicial: é aquela na que unha persoa aprende a falar e na que se expresa nos primeiros anos da súa vida.
  • Lingua habitual: é aquela que unha persoa fala con máis frecuencia na súa vida cotiá.

Xosé Neira Vilas

Xosé Neira Vilas: nace no 1929 nunha familia labrega e pasa a súa infancia e

Entradas relacionadas: