O Goberno Radical-Cedista e a Revolución de Asturias

Clasificado en Química

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,97 KB

: O goberno radical cedista (1933-1935). A Revolución de Asturias. O Frente Popular, as eleccións de 1936 e o novo goberno.

---As eleccións de novembro de 1933, foron gañadas polas dereitas que formaban unha única candidatura (CEDA) fronte a unhas esquerdas que optaron por presentarse en candidaturas separadas. Os escanos outorgaron á CEDA e ao Partido Radical máis dun centenar de deputados a cada un, a formación do Goberno foi sostenido polos radicais que puxeron en marcha unha política revisionista das reformas do primeiro bienio baixo a supervisión da CEDA.

---O goberno radical-cedista (1933-1935) iniciou unha política reformista do bienio anterior. No campo se frenou a reforma agraria, fixándose a devolución das terras á nobreza. Concedeu a liberdade de contratación o que supuxo unha tendencia á baixa dos salarios dos xornaleiros. Tamén intentou contrarrestar a reforma relixiosa aprobando un presuposto de culto e clero. Produciuse unha paralización da reforma militar coa designación de militares antirrepublicanos e amnistía para os sublevados e unha paralización das reformas educativas, que anulan a ensinanza mixta e reducen os presupostos.

---O viraxe conservador e a eliminación de reformas anteriores produciron a radicalización da política sobre todo do PSOE e UGT. Os socialistas declararon unha folga xeral campesiña en defensa das conquistas legais e das mellores socio-laborais alcanzadas. Ante esta situación a CEDA endureceu a posición e reclamou unha acción máis contundente exixindo participar no Goberno baixo a ameaza de retirar o seu apoio parlamentario. Lerroux accedeu ás peticións e o 5 de outubro de 1934 outorgou tres carteras ministeriais á CEDA, o cal foi interpretado pola esquerda como unha deriva cara ao fascismo. Ao día seguinte da formación do novo goberno producíronse folgas e manifestacións nas grandes cidades, os acontecementos máis graves foron en Asturias e Cataluña, pero o movemento fracasou pola falta de coordinación e a contundente resposta do Goberno.



---A segunda etapa do goberno radical-cedista (1934-1935), estivo marcada polos sucesos de outubro-1934. Na primavera de 1935 formouse un novo goberno presidido por Lerroux que incluía cinco membros da CEDA. Ao longo de 1935 acentuáronse as divisións entre os partidos que apoiaban aos gobernos de centro-dereita, sobre todo a partir dos escándalos de corrupción nos que se viron envoltos Lerroux e os radicais, como o caso do Estraperlo. Facendo uso dos seus poderes, o presidente Alcalá-Zamora decidiu disolver as Cortes e convocar novas eleccións para febreiro de 1936

---Nun ambiente de crecemento da radicalización, as esquerdas acudiron ás eleccións de febreiro de 1936 formando unha gran coalición chamada Frente Popular formada por Esquerda Republicana, PSOE e comunistas. A dereita formou distintas coalicións chamadas candidaturas antimarxistas constituídas pola CEDA, o Bloque Nacional e os monárquicos. Tamén pola súa parte a Falange e o PNV.

---A vitoria foi para o Frente Popular, que basou o seu triunfo nas cidades e as provincias do sur e a periferia. Mentres, a dereita triunfou no norte e o interior do país.


---Manuel Azaña foi nomeado Presidente da República o día 10 de maio de 1936. Formouse un goberno presidido por Quiroga e formado só por republicanos de esquerda.

---O novo goberno iniciou novas reformas como: ampliación da amnistía, restablecemento do Estatuto catalán, afastamento de Madrid dos xenerais golpistas, reanudou a reforma agraria.

---A nova situación foi recibida polas dereitas con absoluto rexeitamento xa que as reformas implantadas tiñan á revolución, polo que se creou un clima de violencia social.

--Boa parte do exército formou unha conspiración militar contra o goberno do Frente Popular, liderada polo xeneral Sanjurjo e organizada polo xeneral  Mola.

--Co asesinato de José Calvo Sotelo o 13 de xullo de 1936, líder monárquico, e máis tarde o asesinato do tenente Castillo se desencadeou o enfrontamento.

--O 17 de xullo de 1936 iniciouse a sublevación militar en Marruecos co seu exército ás ordes do xeneral Franco e deu comezo a unha Guerra Civil que durará tres anos.

Entradas relacionadas: