A Guerra de Sucesión: Conflito e Consecuencias

Clasificado en Griego

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,22 KB

Carlos Segundo morre sen descendencia e deixa o trono a Felipe de Borbón. Pero ante a prepotencia do monarca francés constitúese en Europa a gran alianza da Haia integrada por Inglaterra, Holanda e Austria, que defendía a candidatura ao trono de España de Carlos de Austria. A guerra de sucesión española 1701-1714 foi a primeira das diferentes guerras dinásticas que implicaron a case todos os estados nun continuo reequilibrio entre as potencias. Os primeiros enfrontamentos tiveron lugar en Flandes coa frustrada marcha de Luis XIV. A reacción austriaca e os ataques ingleses en Galicia e en Cádiz, coa toma de Gibraltar, levaron a Carlos a desembarcar en Lisboa e logo en Barcelona. Chegou ata Madrid onde atopou apoio de cataláns, aragoneses, valencianos e baleares. Luis XIV terminou por impoñerse ao vencer en Almansa e en Brihuega e Villaviciosa. Tamén influiu o arquiduque Carlos converterse no herdeiro do imperio austriaco polo que perdeu apoio inglés e holandés. A paz alcanzouse no tratado de Utrecht e Rastadt establecía un equilibrio en Europa. Felipe V era recoñecido como rei de España, Inglaterra quedaba con Terranova, Gibraltar e Menorca. Felipe V puxo reformas na administración do modelo francés. Os decretos de nova planta. As medidas de maior trascendencia foron os decretos de nova planta aplicados nos territorios da Coroa de Aragón: Aragón, Valencia, Mallorca e Cataluña. Non só se suprimiron os foros e as institucións, senón que se estableceu un capitán xeral e un novo sistema tributario: a contribución en Aragón, o equivalente en Valencia, a talla en Menorca e o catastro en Cataluña. En Cataluña estableceuse o castelán, o que perxudicaba ao catalán. Só se respectaban os foros tradicionais dos vascos e dos navarros que mantiveran fidelidade a Felipe V na guerra. Política exterior. A política exterior de Felipe V tivo como obxectivo paliar os resultados negativos que produciu o tratado de Utrecht. Alberoni impulsou a reaparición da forza militar española en Italia. Francia invadiu España polo País Vasco e Cataluña. O obxectivo de instalar príncipes Borbón-Farnesio lograríase co tempo.

Entradas relacionadas: