Guía de Prestacións da Seguridade Social: Incapacidade e Xubilación
Clasificado en Formación y Orientación Laboral
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,62 KB
Incapacidade Permanente: Definición e Recargos
A incapacidade permanente prodúcese cando o traballador ou traballadora, tras seguir un tratamento médico, presenta reducións anatómicas ou funcionais graves que diminúen ou anulan a súa capacidade de traballar.
Recargo da porcentaxe aplicable
No caso de que a incapacidade permanente proveña dun accidente de traballo ou doenza profesional por falta de medidas de seguridade na empresa, a pensión pode incrementarse entre un 30 e un 50%, porcentaxe que determinará o xuíz. O pago deste incremento correrá a cargo exclusivo do empresario.
Outras prestacións
Lesións permanentes non invalidantes
Son mutilacións, lesións ou deformidades como consecuencia dun accidente de traballo (AT) ou unha enfermidade profesional (EP) que alteran a integridade física do/da traballador/a. Págase unha indemnización segundo un baremo.
Coidado de menores afectados por cancro ou enfermidade grave
No caso de que existan menores afectados/as e os dous proxenitores traballen, un deles poderá reducir a xornada e o salario. Se a redución é de, polo menos, un 50%, cobrarán un subsidio equivalente a esa redución da Base Reguladora (BR) por Incapacidade Temporal (IT) derivada de Continxencias Comúns ou Profesionais.
Prestacións por morte e supervivencia
Son prestacións a favor de persoas que dependen economicamente dun traballador ou pensionista que morre:
- Orfandade: Beneficiarios/as os/as seus/súas fillos/as menores de 21 anos, maiores con discapacidade, ou menores de 25 con ingresos inferiores ao SMI.
- Pensión de viuvez: Para protexer a situación de necesidade económica ocasionada polo falecemento. Beneficiarias as persoas que tivesen vínculo matrimonial ou fosen parella de feito da persoa falecida e non contraesen novo matrimonio.
- Auxilio por defunción: Familiares ata 2º grao distintos do cónxuxe ou os fillos, que conviviran co falecido durante polo menos dous anos e dependesen economicamente del.
Xubilación
A xubilación consiste no cesamento voluntario no traballo (por conta propia ou allea) por mor da idade, o que dá lugar a unha pensión vitalicia.
Período de carencia e idades
- Período de carencia mínimo: 15 anos.
- Acceso aos 65 anos: Se se cumpre o tempo cotizado esixido (37 anos e 6 meses en 2023).
- Acceso aos 67 anos: Se se cumpre o tempo cotizado esixido (38 anos e 6 meses en 2027).