Hermes de Olímpia e Templo de Atena Nike: Arte Grega

Clasificado en Francés

Escrito el en catalán con un tamaño de 2,84 KB

Hermes de Olímpia: Arte Grega e Clasicismo Tardío

Ficha Técnica e Contexto

Autor: Praxíteles (escultor e broncista).

Cronologia: Século IV a.C. (segunda metade), c. 330 a.C.

Material: Mármore (unha das poucas pezas orixinais en mármore que se conserva da escultura grega).

Contexto histórico: Trala vitoria dos gregos contra os persas nas guerras médicas —que lle deu a hexemonia a Atenas— e tralas guerras do Peloponeso que levaron a Esparta a ter a hexemonia, Grecia entrou no século V coas polis e as súas institucións en decadencia. Praxíteles naceu en Atenas arredor do 400 a.C. e realizou entre 380 e 330 a súas obras en bronce e, sobre todo, en mármore. Esta obra fixo andanza xa cando Alexandre Magno sucedera ao seu pai Filipe II e xa conquistara o imperio persa (derrota de Darío en Arbelas no ano 331 a.C.).

Análise Artística e Xustificación

Esta é unha escultura exenta de vulto redondo con multifacialidade, é dicir, con multiplicidade de puntos de vista óptimos. Está feita de mármore, desde a antigüidade clásica o material por antonomasia da escultura. Sen dúbida, esta escultura estaba policromada, xa que era unha das características das esculturas helénicas.

Inténtase nela alcanzar a beleza humana, representando o mensaxeiro dos deuses, Hermes, dandolle de comer a Dioniso neno un acio de uvas, nun descanso do camiño entre o Olimpo e a mansión das ninfas. Vemos nel a chamada curva praxiteliana: un lixeiro arqueo da escultura en forma de "S" invertida.

Templo de Atena Nike na Acrópole de Atenas

Ficha Técnica e Contexto

Estilo: Grego clásico, xónico.

Cronologia: Século V a.C. (terceiro terzo), c. 421 a.C.

Arquitecto: Calícrates (un dos dous arquitectos do Partenón).

Contexto histórico: Os gregos venceron aos persas nas guerras médicas (499-479 a.C.). Despois desta vitoria, Grecia iniciou un período de completa autonomía cultural e artística, sendo a Atenas do século V (a Atenas de Pericles) o seu centro. Foi na cidade de Atenas onde se alcanzou o máximo esplendor da arte grega, en concreto na súa Acrópole.

Análise Arquitectónica e Xustificación

Este é o templíño de Atena Nike (vitoria en grego), coñecido tamén como Nike Aptera (vitoria sen ás), porque a súa estatua non tiña ás, parece ser para que a vitoria estivese sempre cos atenienses.

Atendendo á súa planta, é un templo anfipróstilo, xa que ten columnas na fachada anterior e posterior. Diferéncianse nel, nas súas cativas dimensións (algo máis de 8 metros), o pronao, o naos e o opistodomos. É xónico xa que ten fuste acanalado, basamento e capitel con volutas.

Entradas relacionadas: