Historia do Estado Moderno: diferenzas entre Estado e Goberno

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,21 KB

1. Explica a diferenza entre Estado e Goberno.

- O estado é unha forma de organización política que se caracteriza por: a) a estrutura económica, b) a estratificación social e c) o ordenamento xurídico. Tipos de estado: liberal, socialista, democrático, fascista, etc.

- O goberno é o conxunto de persoas e organismos que gobernan ou dirixen unha división político-administrativa (estado, autonomía, provincia, municipio, departamento, etc.). Segundo Aristóteles, 3 formas de goberno: Monarquía, Aristocracia, Democracia (politeia). Estas formas poden degenerar en tiranía, oligarquía e demagoxia. Segundo xefatura do estado: monarquía, república, teocracia, xunta militar, etc.

2. Expón as distintas fases históricas polas que pasou o Estado moderno.

Nacemento do estado moderno: as monarquías pactistas

- Transición do feudalismo ao capitalismo: poder rexio que se superpoñe á poliarquía feudal ata substituíla. - Alianza coa nova clase social emergente: a burguesía. - Primeira acumulación capitalista (colonización e expolio de América): Nace a actividade bancaria. - A actividade mercantil necesita seguridade: desenvolvemento de exércitos permanentes. - Centralización da recadación fiscal e desenvolvemento da administración. - Emerxencia da idea de poder soberano imbuido de dereito divino

Do Estado moderno ao Estado liberal.

Factores materiais:

• Protestantismo reforza o individualismo e favorece o xurdimiento do capitalismo. • 1ª revolución industrial: desenvolvementos científicos e avances tecnolóxicos que reforzan o racionalismo e permiten maior acumulación capitalista. • Poder crecente da burguesía que pide garantías: liberdade de empresa, dereito de propiedade, seguridade persoal, etc.

Factores ideolóxicos:

• Emerxencia do iusnaturalismo: os homes son libres e iguais por dereito natural. - O fin dunha organización política son os intereses individuais dos cidadáns e a suma dos mesmos que é o ben común. A autoridade política orixínase na decisión dos seres humanos. O Estado debe respectar os dereitos inalienables de todos os seres humanos. • A razón pon límites ao absolutismo dos reis. • Revolucións americanas francesas.

3. Explica o modelo do Estado liberal, a súa crise e os modos de Estado que lle sucederon.

Explicación:

É individualista: ao servizo do individuo, non tolera a existencia de ningunha organización intermedia entre o estado e o ser humano. Debe protexer os dereitos e liberdades individuais. É abstencionista: debe interferir o menos posible no funcionamento da sociedade e da economía. É nacional: personifica a nación, concepto que substitúe ao soberano. Esta nación identifícase cunha clase social determinada, a burguesía, non cos homes adultos, brancos e propietarios. Exclusión das mulleres. É un Estado constitucional: é un Estado cuxos poderes deben ser limitados por unha Constitución. É un Estado representativo: o propio concepto de representación non deixa de ser unha auténtica ficción, pois non todo o pobo estaba representado.

Crise:

A desagradable situación que vivían os asalariados, que polos teóricos liberais fora vitalicia e irremediable non desarmou ideoloxicamente aos traballadores, senón todo o contrario. Deste modo xurdiron os movementos obreiros. Vehículos que canalizarían as peticións dos traballadores da época. Primeira fenda dentro do Estado liberal. Non había liberdades, nin imperio da lei, nin soberanía nacional, nin separación de poderes e había unha gran explotación. Ademais as crises económicas derivadas do sistema económico imperante xeran inestabilidade.

Estados que lle sucederon: O Estado Liberal de Dereito

1. Modelo revolucionario: Superación do estado liberal, apropiación colectiva dos medios de produción e ditadura do proletariado. Estados socialistas: URSS, Cuba. 2. Modelo autoritario: Estado totalitario e ditatorial baixo o liderado de dirixente carismático (ditadura do capital). Estados fascistas: III Reich, Mussolini, España. 3. Modelo reformista: non ataca o principio de propiedade privada, pero provee estado intervencionista que actúa como axente reductor de diferenzas de clase.

Entradas relacionadas: