Historia de Galicia: Irmandiños, Portugal e Ilustración
Clasificado en Historia
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,29 KB
A revolta dos irmandiños
Ó longo da Baixa Idade Media, a debilidade do poder real no reino de Castela ocasionou unha serie de trastornos, inquietudes, abusos e crimes, fronte ós que se constituíron as Irmandades en Galicia e fóra dela, case sempre co consentimento dos monarcas. Estas Irmandades chegaron a constituír unha unidade en 1467 cunha plasmación de obxectivos e normas.
Contexto histórico
Coa entronización dos Trastámara desapareceu o antigo sentido xerárquico (nobreza eclesiástica e laica) e a súa representación política. A nobreza tradicional renovouse con linaxes non galegas que aportaban unha nova forma de vida e que ostentaban os cargos de goberno (ex. os Sarmiento, Enríquez e Osorio). O resultado do cambio traduciuse nun proceso de fermentación e inquietude que chegou ata o reinado dos Reis Católicos.
A nobreza baixa, numerosa en Galicia, presentaba analoxías e contrastes coa anterior. A situación de guerra, co aumento de gastos e a diminución das rendas, explicaría a conduta cada vez máis esixente do nobre respecto ós vasalos e a actuación criminal dende as fortalezas. O campesiñado, vítima desta situación, reaccionou pedindo xustiza. As reivindicacións eran claras: mellora de vida, rebaixa dos impostos e freo ós abusos dos señores.
Os feitos
1ª guerra irmandiña (1431)
Dirixida por Roi Xordo, máis de 3000 homes fixeron fronte a Freyre de Andrade e intentaron entrar en Santiago. Este movemento, a pesares dos castigos, logrou que o rei Henrique IV reconsiderase os sucesos e tomase medidas para evitar a suxeción dos representantes reais á influencia dos señores e a violencia dos poderosos.
2ª guerra irmandiña (1467-1469)
Agruparon a súa actuación en grandes cabezas e subcentros (Santiago, Mondoñedo, Betanzos, Limia, Sarria, Monforte, Chantada, Camba, Melide, A Coruña, Pontevedra, etc.). O efecto visible foi a destrución de fortalezas, símbolo da opresión señorial. A Irmandade tivo xefes como Pedro Osorio e Alonso de Lanzós, contando con organización financeira e apoio de todas as clases sociais, incluído o clero.
O nacemento do reino de Portugal
Portugal nace como reino autónomo a comezos do século XII, cando Afonso Henriques se independiza do seu curmán Afonso VII de Castela e León. Tradicionalmente sinálase o ano 1128 como o da independencia. Ó se separar de León, Portugal arredábase tamén de Galicia, que sería definitivamente anexionada por León e Castela. Entre 1581 e 1640, o rei de España foi tamén o de Portugal, ata que en 1640 comezou unha guerra que rematou coa independencia definitiva en 1668.
A Ilustración en Galicia
Definición
A Ilustración foi un movemento cultural que se produciu en toda Europa durante o século XVIII. Caracterizouse pola exaltación da razón, o cultivo das ciencias, o estudo das humanidades clásicas e unha gran preocupación polas linguas modernas e a educación.
A Ilustración en Galicia
Os ilustrados galegos orientaron os seus esforzos en superar o atraso económico, social e cultural. Propoñen reformas para mellorar o sistema produtivo, a pesca e as comunicacións. Fundáronse institucións como a Academia de Agricultura do reino de Galicia (1765) e as Sociedades Económicas de Amigos do País (1784).
Respecto á cultura, aparecen as primeiras voces que defenden a lingua galega, como o Padre Sarmiento, o Padre Sobreira, o Padre Feixoo e o cura de Fruíme. Estes estudos etimolóxicos e lexicográficos sentaron as bases para o rexurdir cultural do século XIX.
Ilustrados galegos destacados
- Padre Feixoo (1676-1794): Defendeu a dignidade do idioma galego.
- Frei Martín Sarmiento (1695-1772): Discípulo de Feixoo, foi un dos maiores defensores da lingua e cultura galegas. Autor de obras como o Catálogo de voces y frases de la lengua gallega.
- Diego Antonio Cernadas e Castro (Cura de Fruíme): Autor de quince composicións en galego.
- Xosé Cornide Saavedra (1734-1803): Xeógrafo, historiador e creador do Real Montepío de Pescadores de Galicia. Destacou polos seus estudos sobre a pesca e a súa preocupación pola realidade galega.