Historia e loita pola igualdade de xénero

Clasificado en Formación y Orientación Laboral

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,69 KB

A muller nas sociedades antigas

Nas sociedades antigas, o papel da muller era de subordinación respecto ao home.

Avances históricos das mulleres

Apenas cambiou a situación das mulleres co paso dos anos. Aínda que había mulleres intelixentes, case sempre estaban sometidas polo home e, durante séculos, foron consideradas como inferiores.

Xurdiu o movemento a favor da igualdade da muller e da súa liberación, coñecido como feminismo, que adquiriu forza a partir do século XIX.

Unha das metas da muller era conseguir o dereito ao voto, chamado movemento sufraxista.

Avances históricos no século XX

Houbo un gran acceso das mulleres ao mundo laboral na Segunda República. Despois da guerra perdeuse parte dos logros obtidos; pensábase que o papel de esposa e nai eran os axeitados para a muller.

Conceptos fundamentais

  • Os estereotipos: Son as crenzas e opinións preconcibidas sobre a realidade que se van xerando a través do tempo, e que herdán tradicións, costumes, relatos, expresións, metáforas...
  • Sexismo: Discriminación a persoas doutro sexo por crer que son inferiores.
  • Machismo: Actitude de prepotencia dos homes respecto ás mulleres.
  • Feminismo: Movemento que busca para as mulleres os mesmos dereitos que para os homes.

Barreiras e violencia

Teito de cristal: Metáfora para describir a barreira que con frecuencia interponse na carreira laboral das mulleres. Non se ve, pero é complicado de atravesar e impídelles seguir avanzando.

O termo violencia contra a muller ha de entenderse como calquera acto violento por razón do sexo que resulta, ou podería resultar, en dano físico, sexual ou psicolóxico, ou no sufrimento da muller.

Art. 2, apartado 1: Toda persoa ten os dereitos e as liberdades proclamados nesta declaración, sen distinción ningunha de raza, cor, sexo...

Datas e movementos significativos

O 8 de marzo: É o Día Internacional da Muller Traballadora e unha festa nacional en moitos países. Lembra toda a loita da muller pola igualdade respecto ao home. Conmemora a morte de 129 mulleres en 1908 nun incendio na fábrica de Cotton de Nova York, provocado polos propietarios.

Mulleres de negro contra a guerra: Grupos de mulleres presentes en moitos países, naceron en Israel en 1988. Están presentes en prazas e os seus símbolos son:

  • A cor negra.
  • O silencio.
  • O manifesto público da súa postura nas rúas e prazas.
  • A ausencia de violencia.

Entradas relacionadas: