Hormona orixina

Clasificado en Biología

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,28 KB

LÍPIDOS. Acidos graxos: Son ácidos orgánicos con grupo -COOH terminal, que posúen unha cadea hidrocarbonada  máis ou menos longa (entre 14 e 22 átomos de C), lineal, cun número par de átomos de C (pode haber excepcións

Propiedades físico-químicas dos ácidos graxos:

Son moléculas anfipáticas (presentan comportamento anfipático): son moléculas que presentan 2 zonas diferenciadas:

-Zona hidrófila (polar, afín á auga): no caso dos ácidos graxos está constituida polo grupo –COOH

-Zona hidrófoba (apolar, repele a auga): esta zona afastase da auga. No caso dos ácidos graxos está constituida polas cadeas carbonadas  (que se afastan da auga e establecen entre sí forzas de Van der Waals)

Son insolubles en auga. Pero debido ao seu carácter anfipático, cando están en medio acuoso, forman bicapas e micelas

Sufren reaccións de esterificación e de saponificación:

-Esterificación: alcohol + ácidos orgánicos (ácidos graxos)   éster + H2O

-Saponificación: ácido graxo + base  xabón + H2O

As micelas son estruturas esféricas nas que as zonas hidrófilas están en contacto coa auga, e as hidrófobas (lipófilas) xuntas no centro 

As bicapas son estruturas formadas por unha doble capa, nas que as zonas hidrófilas están en contacto coa auga, e as hidrófobas (lipófilas) xuntas no centro 

ROTEÍNAS. Principais funcións:

F. Estrutural: forman estruturas celulares e orgánicas:

-Glicoproteínas das membranas celulares

-Coláxeno que forma tendóns

-Queratina que constitúe uñas, pelos e plumas

F. De reserva: actúan como reserva de aa

-Ovoalbúmina do ovo

-Caseína do leite

F. De transporte: transporte de sustancias entre órganos

-Hemoglobina: transporta O2

-Lipoproteínas: transportan lípidos insolubles no plasma sanguíneo

F. De defensa: defenden ao organismo de substancias extrañas

-Anticorpos (inmunoglobulinas)

F. Contráctil: confírenlle aos organismos capacidade de desprazamento ou de cambiar de forma

-Acina e miosina: responsables da contracción muscular

F. Hormonal: algunhas hormonas son proteínas

-Insulina: regula o metabolismo da glicosa

-Hormona do crecemento



Entradas relacionadas: