Hume e Kant: crítica á causalidade e razón teórica e práctica

Clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,99 KB

Hume. Principio de causalidade

O coñecemento humano reduce á experiencia sensible e o que afirma é contingente e particular, por iso, esta experiencia pode referirse ao pasado e ao presente pero nunca ao futuro xa que non podemos ter experiencia dun feito que a día de hoxe non ocorreu. Segundo Hume, a pesar de observar no pasado unha contigüidade espaciotemporal entre un feito e outro (fogo e choque de bolas // ebulición da auga, mov. da seguinte bola) iso non nos dá a certeza de que entre ambos exista unha conexión.

A relación causal xurde como unha crenza baseada no hábito xerado pola repetición das costumes e na tendencia a crer que a natureza se mantén constante e o futuro se parecerá ao pasado. Pero esta crenza na uniformidade da natureza non é unha certeza, senón máis ben unha probabilidade bastante alta. Con iso, Hume fai unha severa crítica á metafísica facendo que os tres pilares fundamentais desta se veñan abaixo. O mundo está composto de substancias. Calquera obxecto é unha creación da nosa imaxinación que asocia todo o que percibimos. O eu tamén é un descoñecido, xa que é simplemente cantas impresións pasaron pola nosa mente. Dios; Hume afirma que non podemos establecer unha conexión entre o mundo e Dios xa que dos efectos non podemos remontarnos ás causas.

Kant. Razón teórica e razón práctica

Kant aposta pola Ilustración que se trata da saída do home da súa incapacidade de pensar por si mesmo e servirse do seu entendemento sen a guía de outro. A razón é capaz de analizar e resolver os problemas humanos pero para logralo é necesario dirixir o seu uso e establecer unha crítica da razón. Esta crítica divídese en tres etapas e ditas etapas representan diferentes usos da razón: teórico, práctico e emancipatorio. A razón pura planta o problema do coñecemento. Os racionalistas situaron a orixe e a certeza do coñecemento no lóxico, claro e evidente. Para os empiristas, só hai certeza do que podemos percibir a través dos sentidos e que a razón só conecta ideas. Kant cre que a razón ten que erguerse en tribunal de si mesma, por iso pretende o análise da capacidade xudicativa da razón. Para Kant, as matemáticas e a física son ciencias obxectivas en cambio a metafísica non xa que vai máis alá de toda experiencia posible. A razón teórica baséase en estudar as condicións de posibilidade da experiencia en xeral. A razón práctica esixe unha base racional e universal para a ética. Non se trata de coñecer o suxeito, senón de crealo, de facer que a realidade se adecúe ás esixencias do deber. A ética kantiana é racional, formal, autónoma, universal e categórica. Kant parte de presupor a realidade. Afirma que o home é un ser natural que non posúe razón práctica. Este tipo de razón esixe obrar por deber, pero debemos diferenciar entre obrar por deber e obrar conforme ao deber. Ademais de todo isto, Kant complementa a súa ética cun segundo imperativo categórico: obra tomando ao home como fin.

Entradas relacionadas: