A Idade Media e a Idade Moderna en España

Clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,8 KB

Idade Media en España

No século V, os visigodos, que tamén eran xermánicos, fundaron o seu propio reino en Hispania con capital en Toledo. Posuíana as mellores terras. Os visigodos mantiveron parte da cultura romana, e mesturárona coa sua. Falaban e escribían en latín, adoptaron parte do dereito romano e converteronse ao cristianismo.

Al Andalus

Al Andalus era un territorio musulmán que se converteu nun califato, con capital en Córdoba. Abderramán III foi o seu primeiro califa. Tiñan unha agricultura moi productiva. Introduciron a nora, e trouxeron novos cultivos como o arroz, o algodón, e o azafrán. Nas cidades traballaban os artesáns que elaboraban cerámicas, e outros produtos. Nos mercados vendían produtos que chegaban de Oriente. Tiñan unha refinada cultura.

  • No século XI o califato dividiuse en pequenos territorios chamados reinos taifas.

Reinos cristians

Creáronse reinos cristians como o de Asturias, que mais tarde se chamou de León; O reino de Aragón, que co tempo se chamou Coroa de Aragón; o de Navarra e o de Portugal.

A sociedade:

  • Os reis incrementaron o territorio do seu reino e o seu poder.
  • Os nobres aumentaron as suas propiedades e riquezas.
  • Os monxes fundaron monasterios e estenderon o cristianismo.

No século XV, Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, chamados reis católicos, uniron os seus reinos. En 1492 conquistaron o último reino musulmán, Granada.

Idade Moderna en Europa

Comezou no 1492 co descubrimento de América, e rematou no 1789 coa revolución Francesa. Caracterizouse por:

  • Crecemento da poboación. Crearon os primeiros bancos.
  • O incremento de poder dos reis fronte os nobres. Cando o seu poder foi absoluto, chamaronse, absolutistas.
  • A aparición de novas relixións, como os protestantes. Eran cristians que se separaron da igrexa católica.

Política e sociedade

Nobreza: eran os propietarios da maior parte das terras. Axudaban o reino no goberno e non pagaban impostos.

Clero: tiña terras e non pagaba impostos.

Pobo: estaba formado por campesiños, artesáns e burgueses e se enriqueceron grazas ao comercio.

España foi o país mais poderoso de Europa porque controlaba o comercio con América. A expansión comercial é o que o descubrimento de América supuxo para España.

Ciencia e cultura

Renacemento: caracterizouse pola admiración cara as culturas gregas e romanas. Séculos XV XVI.

Barroco: caracterizouse por unha arquitectura e unha escultura con moitos adornos. Séculos XVII.

Ilustración: foi un movemento cultural e político que se baseaba na razón, educación e a ciencia como elementos esenciais para mellorar a vida das persoas. Séculos XVIII.

Entradas relacionadas: