Ideoloxía e apoios sociais do franquismo na súa etapa inicial

Clasificado en Magisterio

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,27 KB

Grupos ideolóxicos e apoios sociais do franquismo na súa etapa inicial

Entre o final da Guerra Civil de 1939 e a morte de Franco en 1975, o réxime franquista foi adaptándose ás circunstancias políticas e económicas externas. Do 39 ao 59, o franquismo moviuse entre o totalitarismo fascista e a autarquía inicial, e dende o 59 ao 75, houbo unha época de desenvolvemento económico e social radical. O réxime político negouse a evolucionar cara á democracia.

1. Creación do estado franquista

1.1 Fundamentos ideolóxicos

Desde o principio, os poderes do Estado estaban subordinados ás decisións de Franco. Ata a súa morte, constituiu un estado totalitario, cun partido único das JONS, despois chamado Movimento Nacional. Os antigos sindicatos foron abolidos e substituídos por sindicatos verticais de inspiración fascista. Houbo unha exaltación da figura de Franco como caudillo e Generalísimo, e o control das masas realizouse mediante violencia, coacción e medo. Franco era católico, monárquico e conservador, sen unha ideoloxía definida. Os fundamentos ideolóxicos eran o anticomunismo, o antiparlamentarismo e o nacional-catolicismo tradicionalista. Non quería prescindir dos grupos sociais que o apoiaron no levantamento, como as familias do réxime, e equilibrou a súa participación. Os militares colaboradores directos de Franco estaban subordinados por ascensos e privilexios. Os falanxistas foron relegados por tecnócratas tras a morte de José Antonio. Os católicos colaboraron co réxime, e as asociacións en colexios deron lugar aos tecnócratas. Os monárquicos, pola súa banda, foron secundarios por radicalizarse.

1.2 Apoios sociais

O exército e a igrexa tiveron un papel máis destacado e privilexiado. A ditadura devolveu á oligarquía terratenente e financeira da igrexa as súas propiedades e dominio, e os principais mandos falanxistas e carlistas tamén apoiaron o réxime. Tamén houbo apoio de pequenos e medianos propietarios agrarios e funcionarios beneficiados polas depuracións masivas de mestres e médicos, entre outros. A represión, o medo, a propaganda e a educación fixeron que a gran maioría silenciosa aceptase o réxime.

2. Política económica do franquismo nas súas diferentes etapas e a evolución económica do país

Entre o final da Guerra Civil de 1939 e a morte de Franco en 1975, o réxime franquista foi adaptándose ás circunstancias políticas e económicas externas. Do 39 ao 59, o franquismo moviuse entre o totalitarismo fascista e a autarquía inicial, e dende o 59 ao 75, houbo unha época de desenvolvemento económico e social radical. O réxime político negouse a evolucionar cara á democracia.

2.1 Etapas e evolución económica

2.1.1 A autarquía económica (39-59)

Tras a guerra civil, a situación económica era desastrosa. O franquismo optou pola autarquía e asumiu un importante intervencionismo estatal para aumentar a produción e controlar o mercado, pero fracasou. Houbo unha apertura diplomática nos anos 50, na que se abandonou a autarquía, e un aumento das importacións por enriba das exportacións, o que provocou un déficit exterior e alta inflación. A apertura diplomática esgotou as reservas de divisas e ameazou co endebedamento exterior.

2.1.2 Desenvolvemento económico (59-75)

Para solucionar isto, os tecnócratas do Opus Dei fixeron un plan de estabilización en 1959 para dominar a inflación e abrir definitivamente a economía ao exterior. A peseta devalouse con consecuencias traumáticas. O desenvolvemento dos anos 64-73 tivo unha planificación económica indicativa que permitía a iniciativa privada. Impulsáronse os polos de desenvolvemento, que son novos focos industriais para redistribuír a industria por España. Estes planos de desenvolvemento coñecéronse como o milagre económico español, xa que fixeron crecer a renda nacional, modernizaron sectores económicos e melloraron a produtividade agrícola. Non obstante, houbo desequilibrios rexionais coa emigración, que provocou unha balanza comercial deficitaria, e a crise do petróleo de 1973 desequilibrou a balanza de pagos e provocou unha depresión económica a nivel internacional. España volviu desequilibrar a balanza de pagos e a crise provocou un considerable paro.

Entradas relacionadas: