O Imperio Español: De Carlos I a Filipe II

Clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,07 KB

A configuración do Imperio Español

Carlos I foi o primeiro rei da dinastía dos Austrias e, grazas á política matrimonial dos seus avós, os Reis Católicos, concentrou unha gran herdanza. Carlos I era fillo de Filipe o Fermoso e Xoana a Tola; a morte do seu pai e a incapacidade da súa nai deixaron nas súas mans moitos reinos e territorios que o converteron no monarca máis poderoso do seu tempo. Herdou Austria, Holanda, Luxemburgo, España…

Estes territorios só tiñan en común ao seu monarca e achábanse dispersos por Europa. O mantemento dunha monarquía católica universal fronte á difusión do protestantismo será o elemento co que intentou integrar estes territorios. A defensa deste ideal, a necesidade de manter o imperio e a defensa dos intereses dinásticos levárono a verse involucrado en constantes e custosas guerras.

En 1555 viuse obrigado a recoñecer na Paz de Augsburgo o dereito de cada príncipe alemán de impoñer a súa propia relixión, o que supuxo o triunfo do protestantismo e, polo tanto, o fracaso da unidade relixiosa. Este fracaso e o esgotamento tras unha vida en campos de batalla levaron á abdicación de Carlos I, cedéndolle ao seu fillo Filipe II os seus reinos.

O reinado de Filipe II

Filipe II personaliza un modelo de autoritarismo monárquico máis perfeccionado. Creou unha capital permanente en Madrid, valeuse dun exército permanente e dunha administración complexa que dirixiu persoalmente. Na política exterior defende o catolicismo e o mantemento da hexemonía dinástica. Ampliou o imperio enormemente coa unión de Portugal, que incluía tamén as súas colonias, pero o mantemento deste imperio non estivo exento de conflitos:

  • A loita con Francia: Filipe II liquidou os asuntos con Francia derrotándoa na batalla de San Quintín, polo que quedou neutralizada, sumida en guerras civís e relixiosas que fixeron que deixase de ser unha ameaza.
  • Imperio turco: Volvía a avanzar polo Mediterráneo, pero a frota española derrotounos na batalla de Lepanto.
  • A rebelión dos Países Baixos: Contra Filipe II, na que se mesturaban causas políticas, económicas e relixiosas, sendo a fame e a miseria das clases populares o detonante. Filipe respondeu con medidas de forza enviando ao Duque de Alba, que exerceu unha dura represión axustizando aos líderes da rebelión. Esta rebelión durou ata chegar á independencia.
  • Enfrontamento con Inglaterra: Fora aliado tradicional, pero coa chegada ao trono inglés de Isabel I as relacións con España foron cada vez máis tensas. A raíña apoiou aos protestantes e desafiou o monopolio comercial español con América, fomentando a actividade dos corsarios ingleses. Como resposta, Filipe II tentou a invasión de Inglaterra reunindo unha poderosa frota, pero a mala planificación e as adversidades meteorolóxicas fixérona fracasar, sufrindo graves perdas. Deste xeito xurdiu a mal chamada “Armada Invencible”.

Entradas relacionadas: