O inicio da Guerra Civil Española e a súa dimensión internacional

Clasificado en Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,7 KB

Alzamento militar e comezo da guerra

O 17 de xullo de 1936 as guarnicións de Melilla, Ceuta e Tetuán sublevaronse contra a República. Durante a seguinte madrugada, o comandante militar de Canarias, Franco, adhiríuse ao golpe de Estado. O día 18 o alzamento estendeuse por toda a península. Algúns lugares resistiron aos golpistas. En Castela e León, Canarias, Galicia, Navarra, o norte de Extremadura, o oeste de Aragón e Andalucía, Granada, Álava e Oviedo, así como o protectorado, impuxéronse os rebeldes. O presidente do Goberno Casares Quiroga, desbordado pola situación, e contrario ao reparto de armas esixido polas organizacións obreiras para combater, dimitiu. Le sustitúe Martínez Barrio para negociar co xeneral Mola, pero as conversacións fracasaron. Martínez Barrio abandona e é substituído por José Giral que cede ás peticións dos partidos e sindicatos obreiros e reparte armas ao pobo. O día 21 a situación estabilízase e España queda dividida entre unha zona fiel á República e outra á sublevación.

A España republicana

Constituída por 21 capitais de provincia e 14 millóns de habitantes. Conservaba toda a industria pesada e textil, a minería, a produción de froitas de exportación e as reservas de ouro do Banco de España.

A España nacional

Formada por 29 capitais de provincia e 11 millóns de habitantes. Posuía a produción de cereais de Castela e a cabaña gandeira galega.

O Exército quedou dividido, ao igual que a garda de Asalto e a civil, aínda que a proporción de mandos profesionais foi maior entre os sublevados. A aviación estaba en poder da República, así como a maior parte da frota. O Exército de África desnivelaba a correlación de forzas a favor dos sublevados. Ao principio, no bando republicano formáronse as milicias obreiras, que posteriormente foron substituídas polo Exército Popular da República. No lado nacional, a Falanxe organizou as súas unidades armadas, así como os carlistas, denominados requetés, que se integraron máis tarde no exército nacional.

A dimensión internacional da Guerra Civil

A guerra civil pronto converteuse nun conflito internacional debido á intervención estranxeira e á situación política mundial. Desde 1936 a tensión entre as grandes democracias europeas e os réximes totalitarios fascista e nazi alcanzou un punto tal que calquera crise facía temer o desenlace dunha nova guerra mundial. Os sectores conservadores e a maioría dos católicos percibírona como unha contenda entre a civilización occidental e o comunismo ateo, mentres que para os sectores populares e intelectuais da esquerda era unha loita pola liberdade e contra o fascismo totalitario.

Entradas relacionadas: