Kant: A revolución copernicana do coñecemento

Clasificado en Magisterio

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,66 KB

KANT

-A clave está na revolución copernicana, un modo novedoso de interpretar en qué consiste coñecer. Aínda que todo coñecemento comeza coa experiencia, non todo el procede dela, xa que unha parte do obxecto de coñecemento a poñemos nós a priori. O suxeito ten de acomodarse á forma que temos de coñecela, que é a priori e por tanto universal e necesaria. Do obxecto de coñecemento podemos coñecer a priori aquilo que a priori poñemos nel. Unha consecuencia deste análise é a distinción entre cousa en si e fenómeno: o que coñecemos son os fenómenos, que construímos dando forma á experiencia.

Kant: A teoría do coñecemento

Kant sinala que coñecer consiste en formular xuízos sobre a experiencia, e iso require que participen dúas facultades, a sensibilidade e o entendemento. Coa sensibilidade recibimos representacións dispersas e as ordenamos no espazo e no tempo. O espazo e o tempo son as formas a priori da sensibilidade e fan posibles os xuízos sintéticos a priori na matemática. Mediantes o entendemento pensamos o recibido así utilizando conceptos a través de xuízos. Todos os conceptos son creados polo entendemento. O entendemento produce espontaneamente, algúns conceptos para coñecer a experiencia, pois cada vez que formulamos un xuízo aplicamos unha serie deles e sen xuízos non hai coñecemento.

Kant: As categorías e a metafísica

As categorías son 'conceptos puros' baleiros de contido empírico. Non é posible o coñecemento teórico da cousa en si e, a metafísica non é posible como ciencia.

Kant: A razón e a metafísica

-Hai un problema máis do que se ocupa Kant: por que a Razón nos leva constantemente a esas cuestións. A clave está na dinámica da propia Razón, que mediante razonamentos trata de fundamentar uns xuízos en outros cada vez máis xerais e explicativos dun maior número de fenómenos. Neste proceso, a Razón tende a traspasar os límites do dado na experiencia e falar das cousas en si, producindo o que denomina ideas da razón: a do mundo, a do alma...

Kant: A razón práctica e a ética

Negar a posibilidade dun coñecemento teórico do metafísico parece unha conclusión meramente negativa, pero non o é, porque non darse conta de que superan o límite da experiencia leva á razón á contradición. Pero negando esa posibilidade abrese camiño á metafísica dende a Razón Práctica. A liberdade, a inmortalidade do alma e a existencia de Deus son xuízos metafísicos que son condicións da moralidade das nosas accións, perfectamente comprensibles dende o punto de vista da razón.

ÉTICA:

Con o uso práctico da razón respondemos á pregunta de ¿Qué debo facer? A súa función é orientar o noso comportamento xa que Kant identifica o uso práctico coa ética. A razón teórica ocúpase do coñecemento dos fenómenos, formula xuízos e a razón práctica formula imperativos.

Kant: A ética formal

As dúas obras nas que se aborda a ética son 'la fundamentación de la metafísica de las costumbres' e 'crítica de la razón pura'

As súas obras sobre a ética resultan novedosas, son éticas formais. Estas éticas non poden explicar nin a necesidade nin a autonomía do moral. Unha ética formal, é aquela que establece como hemos de obrar sempre. A moralidade das nosas accións non radica nelas mesmas, senón que é a vontade quen as fai boas ou malas.

Actuamos moralmente cando o facemos por deber. Por deber entendemos a necesidade dunha acción por respecto á lei. As nosas accións poden ser conforme ao deber ou por deber. Só as accións por deber teñen valor moral.

A necesidade de obrar moralmente exprésase nun imperativo que ten que ser categórico. O fallo de todas as éticas anteriores é que pretendían fixar o contido. Kant atopa un imperativo que cumpre coa esixencia de actuar por deber e é categórico, trátase do imperativo categórico kantiano, do que dá tres formulacións.

A primeira das cales é 'obra só segundo unha máxima tal que queiras que se converta en lei universal' na que se aprecia o seu carácter formal porque establece a forma que han de posuír as normas morais, que o suxeito poida querer que se converta en forma para todos os homes.

Na crítica da razón pura Kant pon de manifesto a imposibilidade da metafísica como ciencia, pero Kant non nega nin a inmortalidade do alma nin a existencia de Deus.

Na crítica da razón práctica Kant establece que a liberdade da vontade, a inmortalidade do alma e a existencia de Deus son postulados da razón práctica. De modo que o ámbito axeitado para plantexarse estas cuestións metafísicas é o da razón práctica.

Entradas relacionadas: