Ley de Responsabilidades Políticas de 1939: Represión e violencia no réxime franquista

Clasificado en Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,94 KB

Es un texto histórico publicado no BOE o 13 de febreiro de 1939, é unha fonte primaria. É un documento de natureza xurídica ao tratarse dunha Lei de Estado. O autor é Francisco Franco, o presidente do goberno nacional que concentra todo o poder. O seu destinatario son todos os colaboradores do Frente Popular e aqueles que se opuxeron ao triunfo do movemento nacional. A súa finalidade é a posta en marcha en España dun proceso de depuración política sobre os vencidos na guerra civil.

Este texto establécese nos últimos meses de guerra, tras a ocupación por parte dos sublevados de Cataluña, posteriormente exercerase unha institucionalización do réxime franquista e do proceso de represión e violencia. Nos seguintes días tomarase Madrid, e o 1 de abril a guerra terminaba e a continuación seguiu un longo período de ditadura. Este estado represivo era a continuación do Estado de Guerra que transformou a sociedade española.

Este texto é un fragmento da Lei de Responsabilidades Políticas de 1939, onde o primeiro obxectivo era condenar aos que o réxime considera os responsables políticos do estalido da guerra civil, os integrantes do Frente Popular, así como os aliados. En segundo lugar, a perda de todos os seus dereitos e a perda de todos os seus bens. A posta en marcha desta lei abriu a veda para a persecución arbitraria dos vencidos. As sancións que a Lei establecía eran durísimas e podían ser de tres tipos, a inhabilitación para o exército dun cargo ou profesión, cunha ampla depuración da administración pública, outra era as que limitaban a liberdade de residencia que podían levar á cadea, e en canto ao económico, a perda total ou parcial dos bens do encausado. Se creou con este fin un Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas. De acordo a esta lei, o xuíz instructor debía pedir informes sobre o presunto responsable ao Xefe da Falanxe, ao cura párroco e ao comandante da Garda Civil da localidade do acusado. A lei foi modificada en 1942 para reducir o número de denuncias e en 1945 declarouse que o tribunal xa cumprira a súa misión. Finalmente en 1966 realizouse un indulto xeral para os delitos que aínda estaban baixo a xurisdición deste tribunal, pero non foi esta lei o único instrumento de represión do franquismo, tamén foron a lei da masonería e a chamada causa xeral, foi a investigación de supostos delitos cometidos por republicanos durante o período do Frente Popular e Guerra Civil.

A consecuencia destas leis represoras do réxime franquista foi o encarceramento de miles de persoas. Tamén numerosas persoas foron executadas tras simulacros de xuízos nos que foron condenados á morte, o resto malviviron e morreron en condicións penosas en cárceres ou en batallóns, tamén destaca a construción do Valle de los Caídos. O réxime franquista institucionalizouse e asentouse sobre a violencia e o terror exercido sobre os vencidos e que se mantivo sempre durante os 36 anos.

Entradas relacionadas: