A Liberdade Guiando o Povo: 1830 - Delacroix, Turner, Millet e Manet

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,26 KB

A Liberdade Guiando o Povo: 1830. Eugène Delacroix

O cuadro representa os sucesos que tiveron lugar en París durante os días 27, 28 e 29 de xullo de 1830, chamadas as 3 xornadas gloriosas, en que grupos de xóvenes republicanos se levantaron contra as ordes que a monarquía acababa de promulgar e que restrinxía a liberdade dos cidadáns. Estes feitos provocaron a caída de Carlos X e a súa substitución por Luis Felipe de Orleáns, o chamado Rei Burgués.

Delacroix e a Representación

Delacroix neste cuadro recorda os acontecementos da mañá do 28. A muller, que representa á vez a Liberdade e Francia, porta na súa man dereita a bandeira tricolor e na esquerda o fusil. Acompañana membros das diferentes clases sociais, un obreiro, un burgués, un menestral, un adolescente, mulleres, etc. As súas siluetas quedan perfiladas a contraluz, sobre o fondo do incendio, entre o fume á dereita distínguense as torres de Notre Dame e os edificios próximos.

Composición e Mensaxe

A composición inscríbese nunha pirámide cuxa base son os cadáveres que caeron na loita contra a tiranía, e enriba da pirámide atópase a bandeira. Os lados vén definidos polo pau da bandeira e o fusil, e no outro lado os brazos axitados do mozo continúan ata o punto máis alto da bandeira.

Impulso e Enerxía

O xesto da muller e do mozo desprenden un impulso de avance cara ao espectador e transmiten forza e enerxía. A pincelada solta e a luz irreal crean unha atmosfera dinámica, agitada, que envolve á figura da liberdade e disolve o fondo. Todas as formas están percorridas por un movemento ondulante.

Lluvia, Vapor e Velocidade: 1844. J.W. Turner

A obra representa un tema absolutamente novedoso: un tren, o Great Western Railway, atravesa velozmente un puente, probablemente o Maidenhead Railway Bridge, sobre o Támesis, baixo a choiva.

Composición e Técnica

Unha liña horizontal divide a composición en dúas metades case iguais. A parte superior a ocupa todo o ceo e a inferior o puente sobre o río que atravesa o tren. Os bordos escuros do puente e as liñas paralelas dos carrís prolonganse cara un punto lonxano no horizonte, desde o que avanza o tren cara ao extremo inferior dereito do cadro, creando ese efecto de movemento e velocidade.

Luz e Atmósfera

O artista capta de forma prodixiosa a luz e a atmosfera, difuminando os colores mediante unha técnica de raspado que permite que se transparenten uns sobre outros. Os tons amarelos do ceo aparecen ás veces iluminados polo branco, ás veces ensombrizados polos azuis, reservándose os tons máis escuros para o tren e o puente.

O Ángelus: 1859. Millet

Na obra aparecen un home e unha muller que interromperon o seu traballo para rezar o Ángelus. Están recollendo patacas que, unha vez postas en sacos, serán transportadas nun pequeno carriño ata o pobo que se ve ao fondo.

Escena e Crítica

A pincelada é vaporosa e ten un colorido apagado e sobrio. Ao principio as súas obras foron rexeitadas pola burguesía, xa que ao ver que eran temas da vida cotiá dos campesiños, obreiros... creron que Millet podía ser un perigo socialista.

Desayuno en la Hierba: 1863. E. Manet

No ano 1874 ten lugar a primeira exposición dos impresionistas. A exposición causou escándalo. O título dun dos cadros, Impresión, sol naciente de Monet inspirou ao crítico Leroy o calificativo irónico de “impresionistas”.

Innovación e Crítica

Manet inspirase nun grabado de Raimondi e na obra “El concierto campestre” de Tiziano. O cuadro foi moi criticado tamén no estilístico. O forte contraste de todos claros e escuros, sen apenas transición entre uns e outros, facía que as figuras pareceran planas, sen volume.

A escena ten lugar nun bosque no que discorre un riachuelo, e aparece representada, en primeiro termo 3 figuras humanas: unha muller desnuda que mira cara a nós, e dúas figuras masculinas. Manet converteuse no modelo a seguir para os impresionistas.

Entradas relacionadas: