Literatura Galega do Exilio e a Lusofonía

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en con un tamaño de 12,63 KB

1.POESÍA DO EXILIO

Datos xerais: Xénero máis cultivado na literatura galega no exilio

Temas: reflectían asuntos e temas dos que sería imposible falar na Galicia daquel tempo.

Denuncia social: compromiso galeguista

Pasado histórico de Galicia

Reivindicación da dignidade

Drama dos emigrantes e exiliados: penurias da emigración

Poetas: Luís Seoane, Lorenzo Varela, Emilio Pita, Florencio Delgado Gurriarán, Avelino Díaz...

LUÍS SEOANE - Home polifacético: pintor, muralista, debuxante, ilustrador de libros, poeta, autor teatral, locutor de radio, xornalista.

Destacou na poesía e nas artes plásticas. No exilio non só hai temas tristes. As pinturas de Seoane teñen moito colorido e vitalidade, de temática popular ( que defendían os homes de Nós) pero tamén modernas (liñas cubistas).

OBRA POÉTICA Fardel de exiliado. Na brétema, Sant-iago. As cicatrices. A maior abondamento.

CARACTERÍSITICAS POESÍA Luis SEOANE

DENUNCIA SOCIAL: Temática social, con predominio do tema da emigración (contada dende a propia perspectiva dos emigrantes)

Ao lado desta temática de denuncia tamén aparece unha visión mítico- reivindicativa da historia de Galicia, centrándose no celtismo e no medieval irmandiño.

Estilo realista, ás veces case xornalístico. Poesía sen metáforas, moi comunicativa e fácil de entender.

Despreocupación da ornamentación do poema, o que pretende é transmitir as ideas claras (cero metáforas)

LORENZO VARELA

Xusto antes da guerra comezou a súa actividade literaria en castelán: El Sol, Misiones Pedagógicas.

Militante comunista, nas fileiras do exército Republicano. Exilio en México e logo en Bos Aires.


OBRA POÉTICA Catro poemas para catro gravados (1944); con gravados de Luís Seoane. Lonxe (1954): é o seu poemario cumio. Contén gravados de Seoane e prólogo de Cuadrado.

Os temas recorrente nesta obra e sempre dende a vivencia do exilio: vivencias tráxicas sobre a Guerra Civil. O pasado histórico de loita das clases populares. Figuras emblemáticas da Galicia Medieval (María Balteria, Roi Xordo...). Saudades da Terra, angustia do exilio, pinturas idelaizadas da paisaxe galega.

EMILIO PITA Emigrou a Arxentina con 12 anos. Foi incansable animador de iniciativas culturais e galeguistas: colaborador de prensa, radio, organizador de exposicións e actos literarios...

OBRA POÉTICA Jacobusland. Cantigas de menos. O relembros. As cantigas. O ronsel verdegal.

2.TEATRO DO EXILIO

Durante a posguerra conviven na diáspora dúas liñas teatrais diferentes: Carácter popular, enxebrista e costumista: Varela Buxán, Ricardo Flores e Gayoso Frías. Pretende recrear os costumes e ambientes da terra, exaltar os valores propios, dignificación do idioma...)

Máis culto, con técnicas, temas e enfoques dramáticos máis innovadores: Castelao, Seoane e Blanco Amor. Idea de modernizar a posta en escena do nosos teatro. Procura dotar as obras de validez universal, apelando ao intelecto e formulando conflitos e preocupacións non exclusivos do pobo galego.

Autores máis representativos do teatro galego en América: ·Castelao: Os vellos non deben de namorarse ·Eduardo Blanco Amor: Farsas para títeres e Teatro prá xente ·Luís Seoane: A soldadeira, Esquema de farsa, O irlandés astrólogo (1959)

TEATRO Mayo: representouse por primeira vez Os vellos non deben de namorarse de Castelao. Mantívose en cartel durante 7 días (éxito cultural e económico)


3.NARRATIVA DO EXILIO

·Produción escasa fronte a poesía. ·A narrativa escrita na posguerra polo exilio galego amosa unha clara preferencia pola temática da Guerra Civil. ·O ton empregado é de denuncia e testemuña. ·Autores destacados que cultivaron esta vertente: Ramón de Valenzuela, Silvio Santiago e Eduardo Blanco Amor.

RAMÓN DE VALENZUELA OTERO. Non agardei por ninguén: novela centrada nas peripecias de Gonzalo Ozores (trasunto de Valenzuela) como guerrilleiro nos montes de Galicia e como soldado na fronte de batalla. Temática: posguerra, denuncia. Era tempo de apandar: complementa a obra anterior, un eu protagonista relata a súa vida no exilio francés.

SILVIO SANTIAGO. Despois de estar preso durante a Guerra Civil, logra fuxir e exiliarse en Caracas, onde desenvolve un gran labor cultural galeguista. Villardevós, sobre a súa infancia na aldea natal O silencio redimido (póstuma), relata a súa aventura para fuxir da España de Franco.

EDUARDO BLANCO AMOR

BIOGRAFÍA Ourense, 1987. 1919: emigra a Bos Aires e traballa de xornalista. Volve a España como correspondente do diario La Nación. Entra en contacto con outros escritores (Lorca, Seis poemas galegos) A Guerra Civil cólleo en Bos Aires e defende dende América a causa republicana. Participa nas iniciativas dos exiliados galegos en actividades de oposición ao réxime. Teatro Popular Galego: escribe obras. 1965: volve e a Galicia (Ourense) Morre en Vigo no 1979. No 1993 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Considerado o autor das mellores novelas da literatura galega.

OBRA A obra de Blanco Amor abrangue todos os xéneros: poeta, dramaturgo, narrador e ensaísta. ·Comeza escribindo obras de carácter vangardista e nos anos 50 escribe as súas grandes obras narrativas.

POESÍA Romances galegos. Poema en catro tempos : achegado ao vangardismo Publicados nos anos que pasa en España como correspondente do xornal La Nación. Froito do contacto con escritores como García Lorca (ao que lle prologou o seu libro Seis poemas galegos).


TEATRO Farsas para títeres. Teatro para a xente. Obras feitas para o Teatro Popular Galego (1957), iniciativa levada a cabo polos exiliados.

OBRA NARRATIVA Introduce novos temas e formas de narrar. Ten dúas novelas en castelán (La catedral y el niño e Los miedos) En galego ten tres obras: Dúas novelas: A esmorga e Xente ao lonxe Un libro de contos: Os biosbardos. Estas tres obras comparten varias características: -Localización espacial: Auria=Ourense -Localización temporal: dúas primeiras décadas do s. XX -Preferencia por un narrador en primeira persoa -Emprego de formas populares da fala -Literatura realista

A ESMORGA Ambientada nos arrabaldes de Ourense. É a declaración ante un xuíz dun dos personaxes (Cibrán), detido tras a morte dos seus compañeiros (O Bocas e O Milhomes) logo dunha fin de semana de esmorga. Linguaxe dura e realista. Atmosfera tráxica e opresiva.

XENTE AO LONXE Narrador: o neno Suso. Conta a historia dunha familia obreira de esquerdas en Auria. Sitúase no Ourense do primeiro terzo do século XX. Narrada de xeito fragmentario e con técnicas experimentais. Brillante recreación dos ambientes urbanos.

OS BIOSBARDOS Colección de sete contos protagonizados por sete rapaces de Auria. Experiencias persoais e modos de vida daquel tempo: vivenda, xogos, alimentación... Explora diversas facetas da infancia e da adolescencia (protagonistas infantís). Sitúanse nas primeiras décadas do século XX.

4. O TEXTO ARGUMENTATIVO. Que son? Expresan opinión, posturas, ideas sobre un tema. Finalidade: Persuadir o receptor demostrando unha tese con argumentos (convencer). Elementos da argumentación: -tema, asunto da argumentación/ -tese, opinión que sostén o autor/ -argumentos, razón para defender a tese. Partes: -introdución, iníciase o tema/ -exposición, argumentos válidos, defender a nosa opinión/ -conclusión, reforzar a idea exposta anteriormente


5. A LUSOFONÍA 1.O galego e o portugués. Son dúas linguas moi similares debido a súa orixe común. Na antiga Gallaecia romana nace o galego-portugués, contou na Idade Media cunha importante tradición literaria. No s.XII Portugal convertese en reino independente e Galicia queda supeditada á coroa de Castela, comeza a separación entre os dous idiomas. Galicia queda subordinada política e culturalmente, Castela introduce o castelán nas clases dirixentes. A lingua portuguesa chega a África, Asia e América. Falantes actuáis: arredor de 200 millóns.

2.A lusofonía. O conxunto de países que teñen como lingua oficial o portugués forman a lusofonía. Portugués en Portugal, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Angola, Mozambique, San Tomé e Príncipe, Timor e Brasil.

2.1A facilidade de compresión mutua entre falantes de estes dos idiomas ten repercusións sociais, culturais e económicas: -Facilita a comunicación entre os galegos e demais xente que falan esta lingua irmá. -Punto de vista económico, facilita o acceso ao mercado laboral dos países lusófonos. -No plano cultural, é posible a difusión de literatura ao norte e ao sur do Miño. Existen otras propostas para afianzar a unidade lingüística e cultural entre ambos espazos (Festival Internacional da Lusofonía) Aprendese portugués en Galicia e galego en Portugal.

6. VOCABULARIO

Agroturismo: turismo en zonas rurais, estando en contacto coas actividades agrarias.

Enoturismo: turismo vinícola, relacionado co viño.

Xeoturismo: visitar lugares cun valor xeolóxico elevado.

Ecoturismo: turismo relacionado coa ecoloxía, pretender formentar a ecoloxía.

Ofertas: productos a prezos rebaixados.

Punto de interese: punto xeográfico que pode resultar útil ou interesante para un viaxeiro ou turista.

Setentrional: que está ao norte.

Tren: serie de coches de ferrocarril empregados como medios de transporte para percorrer un itinerario turísitco.


Guía especializado: persoa que se dedica a ensinar aos visitantes as cousas máis notables dun lugar.

Ruta: espazo que percorre ou vai percorrer unha persoa, animal, unha cousa ou un grupo.

Autobuses: vehículos auromóbiles usados para o transporte interurbano ou turísitico de pasaxeiros.

Terminal: Conxunto de instalacións dun aeroporto onde os pasaxeiros agardan a ser embarcados ou onde son recibidos despois do seu desembarco.

Tempada alta: Época do ano na que o movemento turístico acada a sua máxima proporción.

Cruceiro: Viaxe por mar facendo escala.

Itinerario: Proxecto ou plan dunha viaxe co camiño que se vai seguir ou que se seguiu, as paradas etc.

Percorrido: Espazo que percorre ou vai percorrer unha persoa, animal, unha cousa ou un grupo.

Circuito: Percorrido previamente fixado que adoita rematar no punto de partida.

Ruta: Sucesión de vías que se percorren ou que hai que percorrer para ir a algún lugar concreto ou que unen dous ou máis lugares entre si.

Escala: Parada que fai unha nave para cargar combustible, embarcar ou desembarcar mercancías ou pasaxeiros etc., e continuar logo a súa ruta

Entradas relacionadas: