A Literatura Galega no Século XX: Das Irmandades á Posguerra

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,93 KB

A renovación literaria no século XX

A principios do século XX, a calidade dos textos poéticos era inferior á dos do Rexurdimento. No 1916 xorden na Coruña as Irmandades da Fala, co obxectivo de expandir e dignificar o noso idioma. Para iso, botaron man da creación de editoriais como Lar e Céltiga, a tradución de obras universais e a diversificación dos xéneros literarios.

Os autores desta asociación intentaron superar a dexeneración estética que se estaba a dar na poesía do momento, caracterizada pola imitación dos tópicos e liñas temáticas do Rexurdimento (costumismo, reivindicación social e anticaciquil). Pretendían diversificar e renovar a poesía combinando a innovación das correntes europeas cos elementos tradicionais.

Antonio Noriega Varela: O poeta da montaña

Antonio Noriega Varela, coñecido como o poeta da montaña luguesa, é autor dunha soa obra, Montañesas, ampliada ao longo da súa vida ata a súa edición definitiva en 1946, denominada Do ermo. Nesta obra podemos sobrepor dous estratos:

  • Ruralismo costumista: temática centrada na descrición da paisaxe e da vida rural da montaña luguesa, empregando a métrica e a lingua popular.
  • Modernismo e saudosismo: poesía máis culta e refinada, inspirada en Rubén Darío e no saudosismo portugués.
  • Franciscanismo: centrado nas cousas humildes da natureza, comparándoas cos valores cristiáns da humildade, pobreza e piedade.

Ramón Cabanillas: O poeta da raza

Ramón Cabanillas, coñecido como o poeta da raza, é o enlace entre o Rexurdimento e as novas xeracións. É un dos autores máis importantes da literatura galega polo seu papel renovador durante o século XX. A súa estética constrúese a base de elementos como a tradición, o romanticismo europeo tardío e os escritores do Rexurdimento. Na súa traxectoria literaria distinguimos catro etapas:

  1. Etapa pregaleguista: presenta unha nostalxia do desterro e poesía social onde denuncia a situación do campesiñado contra os foros. Clara influencia da métrica e recursos estilísticos do modernismo. Obras destacadas: No desterro e Vento mareiro.
  2. Etapa galeguista: asume o papel de poeta civil cunha actitude didáctica para intentar aproximar o pobo ao galeguismo. Temática nacionalista. Obra destacada: Da terra asoballada.
  3. Etapa mítico-saudosa: dúas liñas: a que reconstrúe o pasado mitificándoo (Na noite estrelecida) e a intimista con influencia modernista (A rosa de cen follas).
  4. Etapa de posguerra: volve ao papel importante da cultura galega na recuperación da posguerra. Obras destacadas: Da miña zanfona e Samos.

Entradas relacionadas: