Materiais da codia terrestre

Clasificado en Geología

Escrito el en gallego con un tamaño de 1,89 KB

Nos primeiros momentos da formación da Terra os cambios foron bruscos e numerosos Ao principio a Terra era unha enorme masa de material incandescente e fundido. Durante moito tempo estivo azoutada polos choques de meteoritos.Dentro desta "protoTerra" os materiais máis densos fundíronse no interior do planeta e os máis lixeiros desprazáronse cara ao exterior, razón pola cal a Terra quedou estratificada en varias capas: codia, manto e núcleo.Co tempo, a temperatura baixou e formouse unha codia terrestre sólida e estable pero aínda cunha grande actividade volcánica.A actividade volcánica tamén foi a causante da formación da atmosfera, xerando unha enorme cantidade de gases que tamén permitiron a aparición de auga líquida.. Coa codia fría, esta auga das precipitacións acumulábase nas zonas profundas da superficie, formando os mares e océanos. Así aparecerían os tres elementos fundamentais: aire, auga e terra.A Terra non é un corpo estático, senón todo o contrario: vai mudando co paso do tempo. Podemos distinguir dúas etapas fundamentais na súa evolución.Durante este período formouse a Terra, a Lúa, orixináronse os continentes, naceu a vida, creouse a atmosfera primixenia e xa, ao fin do período, apareceron os primeiros animais e vexetais.Paleozoico: Aparecen os primeiros seres vivos, sobre todo, invertebrados.Mesozoico Os dinosauros, os reptís e as plantas sen froitos dominan a Terra e aparecen as aves e os mamíferos nos actuais continentes.Cenozoico  Os seres vivos dominantes son as plantas con froitos e os mamíferos, créanse as grandes cordilleiras actuais

Entradas relacionadas: