Mecanismo de transporte de los gases en la célula

Clasificado en Biología

Escrito el en gallego con un tamaño de 15,68 KB

Estrutura da membrana plasmáticamodelo de Singer e Nicholson ou modelo do mosaico fluido:


Na membrana plasmática, os lípidos se dispoñen formando unha bicapa: os lípidos da membrana son, fundamentalmente fosfolípidos colesterol. Nestes lípidos se distinguen 2 partes: parte hidrofílica e parte hidrofóbica, o que fai que as moléculas se dispoñan formando unha doble capa lipídica.

Os lípidos e as proteínas integrais se dispoñen formando un mosaico (estrutura formada por pequenas fraccións). As proteínas son diversas e realizan as funcións específicas da membrana.

As membranas son estruturas fluidas: existen desprazamentos laterais.  As membranas son estruturas asimétricas respecto a todos os seus compoñentes.

Funcións da membrana plasmática:

Delimita á célula e actúa como filtro selectivo. -Receptores de membrana: glicoproteínas que identifican a outras moléculas. -Identidade antixénica: existen unhas moléculas que serven para que o noso sistema

inmunnolóxico recoñeza as nosas células como propias e así non as ataque. -Polarización e despolarización: facultade mediante a cal é capaz de transmitir impulsos

nerviosos. -Transporte a través de membrana: como é unha barreira lipídica, impide a entrada de

moléculas disoltas en auga, e ten que desenrolar mecanismos de transporte específicos para solucionalo.


A PAREDE CELULAR VEXETAL: É unha estrutura ríxida exclusiva de células vexetais e que se localiza por fora da membrana

plasmática.

Composición da parede celular:

Presenta unha composición variada, dependendo dos organismos (os fungos presentan como polisacáridos a Quitina, as algas e plantas superiores presentan celulosa e hemicelulosa, etc).

Estrutura da parede celular:

Lámina media: capa máis externa (a 1a que se orixina). É como un cemento de unión entre células veciñas. O seu principal compoñente é a Pectina.

Parede primaria: capa delgada e flexible, formada por celulosa, hemicelulosa e pectinas. Propia de células en crecemento.

-Parede secundaria: aparece cando cesa o crecemento. É a última en orixinarse. É grosa e ríxida e o seu principal compoñente será celulosa, pectina ou lignina.

Funcións da parede celular:

- Constitúe un exoesqueleto que protexe e da forma á célula, sen impedir o seu crecemento. 

- Intervén no mantenemeto da presión osmótica.

Diferenciacións que presentan as paredes celulares: debido ao illamento que proporciona a parede celular, a célula necesita mecanismos para intercambiar substancias co medio ou con outras células. Tipos:

Punteaduras: son zonas de adelgazamento da parede celular que se corresponden con outras complementarias e ao mesmo nivel na célula adxacente.

Plasmodesmos: son canais finos que atravesan totalmente as paredes celulares e establecen unha continuidade entre citoplasmas de células veciñas.


O CITOPLASMA: CITOSOL E ORGÁNULOS


CITOSOL OU HIALOPLASMA: É a parte soluble (líquida) do citoplasma da célula. Representa aproximadamente a metade do

volume celular.

Está composto por proteínas, ións, glícidos, ácidos nucleicos, nucleótidos, metabolitos, etc.

Contén gran cantidade de enzimas que catalizan un gran número de reaccións do metabolismo celular. .

Ademáis, no citosol de moitas células se almacenan substancias de reserva en forma de gránulos, denominados inclusións citoplasmáticas, que non están rodeados por membrana.

O citosol contén unha gran variedade de filamentos proteicos que constitúe o citoesqueleto


ORGÁNULOS CITOPLASMÁTICOS:Orgánulos citoplasmáticos sen membrana:

Citoesqueleto

Estrutura formada por proteínas que determina a forma da célula, facilita a movilidade celular (constituindo cilios e flaxelos) e desempeña un importante papel na división celular. Nas células eucariotas, consta de microfilamentos, filamentos intermedios e microtúbulos 

Microfilamentos: compuestos por unha proteína contráctil denominada actina. A súa función é dar estabilidade e forma á celula.

Filamentos intermedios: formados por proteínas fibrosas. A súa función principal é proporcionar rixidez á célula

Microtúbulos: estruturas tubulares que interveñen en diversos procesos celulares como transporte intracelular de substancias, división celular (mitose e meiose) e constitúen a estrutura interna de cilios e flaxelos.

Os microtúbulos poden organizarse en forma de 9 tripletes circulares, constituíndo os centriolos .

Os centriolos son orgánulos con estrutura cilíndrica que se dispoñen perpendiculares entre sí. A súa función principal é participar na división celular, colaborando na separación dos cromosomas.

Os centriolos están rodeados dun material proteico denso chamado material pericentriolar e xunto con él forman o centrosoma ou COMT (centro organizador de microtúbulos)

Ribosomas:

Son complexos macromoleculares, formados por ARN e proteínas (ribonucleoproteínas) de forma máis ou menos redondeada e carecen de mb. Están formados por 2 subunidades e a súa función é a síntese de proteínas.

Poden atoparse libres no citoplasma, adheridos ás mb do RER e á mb nuclear externa, ou na matriz mitocondrial e estroma do cloroplasto (teñen información xenética específica para formar prot determinadas do seu metabolismo específico).


Orgánulos citoplasmáticos con membrana sinxela:

Retículo endoplasmático:

Estrutura constituída por unha serie de condutos membranosos (túbulos e sáculos) que atravesan o citoplasma das células eucariotas. Estes condutos están interconectados e ademáis conectados coa mb nuclear e a mb plasmática. Hai 2 tipos de RE

RER: constituído por sáculos aplanados e vesículas intercomunicadas. Presenta ribosomas adheridos . Está moi desenrolado nas células nas que a síntese de proteínas é moi elevada . As funcións do RER son:

 Síntese de proteínas (nos ribosomas da mb)  Almacenamento e transporte de proteínas  Glicosilación de proteínas (unión a glícidos)

REL: son túbulos interconectados cuxas mb están conectadas co RER. Non presenta ribosomas. As súas funcións son:

 Biosíntese, transporte e almacenamento de fosfolípidos, colesterol e esteroides.  Metabolización de substancias tóxicas  Detoxificación (proceso de eliminación de substancias tóxicas.


Entradas relacionadas: