Mecanizado: Rectificadoras, Centros de Mecanizado e Afiladoras

Clasificado en Francés

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,52 KB

En las mandrinadoras, ¿para que suelen empregarse as lunetas?

É un apoio para a barra de mandrinar que se utiliza cando esta non pode traballar ao aire. Apóiase na bancada, pola que pode desprazarse sobre as guías, por medio dun mecanismo piñón-cremallera.

¿Cómo se define actualmente o proceso de rectificado?

Unha operación de acabado en pezas que requiren tolerancias esixentes.

Constructivamente, ¿Qué diferencia a as rectificadoras de outras máquinas?

Desproporción aparente entre o tamaño da peza a mecanizar e a máquina. Os seus órganos, tanto os transmisores de movementos como os móviles, están deseñados e construídos para altas velocidades de funcionamento máis que para os esforzos de corte. A ferramenta (mó) xira a velocidades superiores a calquera outro tipo de máquina.

Explica a diferenza entre unha rectificadora cilíndrica, tangencial e unha frontal

Tangencial: superficies planas, fuso horizontais. Plana frontal: para pezas planas e fuso vertical. Cilíndrica: para pezas de revolución.

Define que é un centro de mecanizado

A máquina ferramenta máis completa, capaz de realizar automaticamente o traballo de varias máquinas convencionais: torno, fresadora, mandrinadora, taladradora, etc. no orde que esixa o proceso inicial na mesa ou dispositivo da máquina e, sen que en réxime normal interveña o operario nin tan sequera para cambiar as ferramentas.

¿Qué é unha afiladora?

Máquina destinada ao mecanizado con abrasivos, pero con aplicacións moi concretas, afiado (rectificado) das superficies dos fíos das ferramentas usadas para o corte/arranque de viruta.

Clasificación xeral dos mecanizados especiais en función do tipo de enerxía que empregan para arrincar material na peza

Mecánico: mediante unha corrente de alta velocidade de fluidos abrasivos, ou ambos. Exemplo: ultrasonidos, corte por chorro de auga, corte por chorro abrasivo, etc. Eléctrico: utilizan a enerxía eléctrica con reaccións químicas para os seus procesos. Exemplo: mecanizado electroquímico. Térmicos: a enerxía térmica xerada mediante a conversión da enerxía eléctrica é utilizada para dar forma a unha zona ou cortar o material. Normalmente focalizando a enerxía térmica conséguese o desprendemento por fusión ou vaporización do material. Exemplo: feixe de electróns, raio láser, oxicorte. Químico: ataque químico mediante ácidos ou outras substancias. Exemplo: fresado químico, troquelado químico, mecanizado químico.

Entradas relacionadas: