Merlin e familia resumen por capitulos

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,72 KB

Álvaro cunqueiro:Naceu no ano 1911 en Mondoñedo, estudou en Santiago, unha época na que a cidade tiña unha relevante vida artística e cultural. Foi daquela cando comezou o seu labor literario plasmado en (Mar ao norde,Poemas do si e non e Cantiga nova que se chama ribeira).Na Guerra Civil vive en Ortigueira.Cando se fundou a editorial Galaxia comezou a escribir textos narrativos en galego (Merlín e familia, As crónicas dos sochantre e Se o vello Sinbad volvese ás illas).Nos anos 60 traballou no xornal Faro de Vigo, do que chegou a director.Nesta etapa publicou tres libros de narracións breves onde reúne trazos de personaxes reais e imaxinarios.Ademais desenvolve un amplo labor como conferenciante e articulista.Nas novelas de este atopamos unha orixinalísima mestura de realidade e fantasía. O autor utiliza sempre técnicas propias da narración realista, cunha presenza importante de recursos tirados da tradición oral popular.O humor e outra das características. Tamén escribe textos teatrais integrados nas súas novelas.

Ánxel Fole:Naceu en Lugo en 1903. Aínda que estudou Dereito en Valladolid,Madrid e Santiago, a súa vida estivo ligada á súa cidade natal.Cando de iniciou a Guerra civ, xa estaba introducido nos círculos culturais e políticos ligados ao Partido Galeguista. En 1953 regresou a Lugo e comezou a traballar de periodista no xornal El Progreso.Morreu en 1986 e en 1997 dedicóuselle o dia das letras galegas. Os catro libros principais que publicou son volumes de contos. Os primeiros(Á lus do candil e Terra Brava) ambos os dous reflicten o mundo rural das terras do Courel e do Incio e recorren unha estrutura narrativa semellante. Os libros da que se podería chamar segunda etapa do autor son(Contos da néboa e Historias que ninguén cre) ambientados xa na cidade de Lugo, aínda que sigan estando presentes elementos do conto  de medo e misterio que xa caracterizaban os títulos anteriores.Ao autor gustáballe xogar con tramas onde o misterio e a aventura teñen un papel sobranceiro;como contraste, atopamos tamén un certo ton de humor en todas as súas páxinas.Emprega unha lingua rica e enxebre con abundantes dialectalismos e barbarismos.

Entradas relacionadas: