Modelaxe do relevo: ríos, vento e procesos xeolóxicos
Clasificado en Geografía
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,73 KB
Os ríos e a modelaxe fluvial
Os ríos orixinan tres formas de relevo principais:
- Vales en forma de U: prodúcense cando un río ten gran capacidade erosiva e se encaixa no terreo, o que produce un cortado con paredes suavizadas polas augas salvaxes e os regatos.
- Vales de fondo plano: a medida que un río corta o terreo perde capacidade para encaixar, xa que vai diminuíndo o desnivel entre o seu leito e o nivel do mar.
- Penechairas: é o resultado final do proceso de erosión fluvial e prodúcese cando os ríos foron ampliando os seus vales ata unirse uns con outros.
- Outeiros testemuña: son relevos residuais illados, cunha cima plana que é un fragmento da antiga chaira situada a esa altura.
- Terrazas: son relevos graduados que representan os sucesivos encaixamentos e ampliacións do val nunha zona que se levanta á vez que as redes fluviais erosionan.
Outras formas fluviais
- Regatos: son cursos de auga efémeros que levan auga unicamente tras as chuvias.
- Cárcavas: profundos regos no terreo; o seu desenvolvemento vese favorecido se os materiais que o compoñen son inconsistentes.
- Barrancos: profundos vales en U que se forman en zonas de forte pendente.
- Corgas: leitos amplos que constitúen as canles polas que corre a auga tras tormentas violentas.
O vento como axente modelador
O vento é o principal axente modelador da paisaxe nos desertos cálidos.
Procesos erosivos
- Deflación: o vento leva os materiais máis pequenos e deixa os de maior tamaño, orixinando un deserto pedregoso.
- Abrasión eólica: o vento cargado de area produce unha lixedura sobre a superficie das rochas.
Transporte e sedimentación eólica
- Depósitos de loess: acumulacións de po transportado polo vento que recobren grandes extensións nas zonas máis periféricas dos desertos.
- Dunas: acumulacións de area que poden ter forma de media lúa, presentar a crista recta ou paralela á dirección do vento.
Formas cársticas e litorais
- Galerías: túneles máis ou menos horizontais.
- Simas: condutos verticais que ás veces chegan á superficie.
- Salas: grandes cavidades de forma irregular.
- Praias: acumulacións de area ou grava en zonas onde o litoral ten unha pendente suave.
- Tómbolo: cordóns areentos perpendiculares ou paralelos á costa.