A Monarquía Visigoda e Institucións Medievais en Hispania
Clasificado en Francés
Escrito el en
catalán con un tamaño de 3,77 KB
A Monarquía Visigoda: Organización Política e Institucións
No século V prodúcense as invasións dos bárbaros que poñen fin ao Imperio romano de occidente (476 d. C.). En Hispania penetran suevos, vándalos e alanos. Os visigodos ocupan a Galia, pero a presión dos francos obrígalles a repregarse sobre Hispania a partir do ano 507.
O goberno de toda a Península estaba dificultado por varias causas. Os visigodos eran arianos (unha herexía do cristianismo) e esta cuestión relixiosa os separaba da poboación hispanorromana. Dende o punto de vista territorial, os suevos seguían controlando a zona da antiga Gallaecia e o Imperio bizantino ocupara unha ampla zona no sur de Hispania.
Durante os séculos VI e VII os reis visigodos realizaron diversas campañas militares que llles deron o dominio de case a totalidade das terras peninsulares. Paralelamente, produciuse tamén a paulatina fusión entre visigodos e hispanorromanos grazas á autorización de contraer matrimonios mixtos e á conversión dos visigodos ao catolicismo con Recaredo en 589 (III Concilio de Toledo).
A Monarquía Electiva e o Poder Rexio
A monarquía, forma de goberno da Hispania visigoda, era moi débil. En primeiro lugar, porque os reis accedían ao trono por elección (monarquía electiva). Os monarcas electos tiñan que ser “de estirpe goda e de boas costumes”. Os reis estaban supeditados tanto ao poder dos nobres coma ao dos bispos, sendo moi frecuentes os destronamentos dos monarcas.
É importante sinalar que naquela época se fixaron as bases da interdependencia entre o poder político e o relixioso. Un dos primeiros que formulou a teoría da orixe divina do poder rexio foi o bispo sevillano San Isidoro. O rei gobernaba coa axuda de persoas da súa confianza, que formaban o Oficio Palatino.
Institucións Principales: Aula Rexia e Concilios
No mundo visigodo funcionaron dúas institucións de suma importancia: a Aula Rexia e os concilios. A Aula Rexia estaba integrada polos principais colaboradores do rei, así coma pola alta nobreza do reino. As súas funcións, non obstante, eran meramente consultivas. Os concilios eran, en principio, reunións eclesiásticas, pero tras a conversión ao catolicismo adquiriron un importante papel político.
Conceptos Clave da Idade Media en Hispania
Carta de Poboamento
Documento polo cal os reis cristiáns, señores laicos e eclesiásticos outorgaban terras, liberaban de taxas e obrigacións feudais a grupos poboacionais, co fin de obter a repoboación durante a Reconquista. Era un tipo de repoboación baseada na creación de concellos, e así creáronse numerosas vilas e cidades nos vales do Douro e Ebro entre os séculos X e XII.
Manso
Parte dun feudo medieval que se corresponde coas terras que un señor feudal distribúe entre os seus campesiños vasalos para a súa subsistencia. A cambio do dereito de uso sobre esas terras, os campesiños debían entregar ao señor unha parte da colleita a cambio da protección deste.
Mesta
Institución creada en 1273 por Afonso X encargada de protexer os intereses dos grandes propietarios de ovellas de Castela. O gando era propiedade dos nobres e autoridades eclesiásticas, o que determinaba o goce dunha serie de privilexios de paso polas cañadas e pastoreo entre a Cordilleira Cantábrica e Serra Morena, de xeito que en Castela houbo un predominio da actividade gandeira.
Marca Hispánica
Unha “marca” era un territorio fronteirizo. Neste caso era o territorio comprendido na fronteira do Imperio carolinxio con al-Ándalus (ao sur dos Pireneos), desde finais do século VIII ata a súa independencia efectiva en diversos reinos e condados.