A música barroca: definición e evolución historiográfica

Clasificado en Francés

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,34 KB

Introducción: Definición e evolución historiográfica do termo barroco aplicado en música

Se pode definir o Barroco como un movemento estético que afectou a todas as esferas da cultura, política, pensamento e, sobre todo, do Arte durante o s. XVII e a primeira metade do s. XVIII.

Oríxenes do termo

En canto ao termo, Gary A. Tomlinson afirma que no s. XVIII se postularon dous oríxenes contrastantes: 1º do portugués 'barroco' e 2º do italiano 'baroco'. Ambos termos suxiren connotacións de algo estrano, antinatural e deformado. O termo historiográfico Barroco, utilizouse con posterioridade para designar a música deste período.

No s. XVIII Rousseau definiu a música barroca como 'aquela na que a harmonía é confusa, cargada de modulacións e disonancias, a melodía é abrupta e pouco natural, de entoación difícil e movemento forzado'.

Ata o s. XIX, e incluso o s. XX, 'barroco' tiña un matiz despectivo xa que supoñía 'unha forma degenerada do Renacemento'. A nosa concepción do Barroco cambiou de forma radical. As relacións coas demais artes están demostradas e os seus camiños van paralelos.

Técnicas musicais específicas

Sachs intentou aplicar en 1919 as técnicas musicais específicas ás categorías wolffinianas:

  • A supresión da liña recta a favor da sinuosa en artes visuais foi asociada pola ornamentación da melodía.
  • Os efectos de profundidade e segundo plano foron comparados coa polaridade entre soprano e baixo continuo.
  • A unidade e equilibrio do Renacemento son substituídos pola multiplicidade.
  • Tendencia ao claroscuro, ao contraste, a diferenza da luminosidade e claridade renacentista.

Outros autores como Haas cuestionaron e criticaron estas analogías, limitándose a enumerar rasgos estilísticos puramente musicais que seguiu a maioría da historiografía posterior como M. Bukofzer. J.A. Maravall plantexa o acordo máis xeneralizado entre os historiadores: o Barroco é un concepto de época ou estilo que hai que delimitar nun período histórico que é o s. XVII e a primeira metade do s. XVIII aproximadamente, con unhas características que en música se resumen nunha reacción contra a polifonía do Renacemento.

Entradas relacionadas: