A música na Edad Media, Renacemento, Barroco e Clasicismo

Clasificado en Música

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,73 KB

La Edad Media

A Idade Media é un período moi longo que se estende desde o século V ata o século XV. Esta etapa está enmarcada entre A Antigüidade e O Renacemento. Na Igrexa do antigo Imperio Romano, en cada lugar realizábase unha liturxia con cantos diferentes. O Papa Gregorio Magno realizou unha unificación dos cantos que se daban nas diferentes liturxias, razón pola cal este tipo de canto recibirá o nome de CANTO GREGORIANO. A partir de este momento, este tipo de música será o protagonista en todos os centros relixiosos ata finais do século IX, a partir de entón, será relegado pouco a pouco polo xurdimiento da polifonía.

Características do Canto Gregoriano:

É o canto oficial da Igrexa Católica. ✓ É música vocal sen acompañamento instrumental. É canto monódico, todos cantan a mesma melodía. ✓ É canto en latín, xa que ese é o idioma oficial da Igrexa Católica. ✓ Ten ritmo libre, que ven marcado polo propio texto.

Tipos de Canto Gregoriano:

Segundo as formacións dos cantores: ANTIFONAL: dous coros de monxes alternaban o canto. RESPONSORIAL: coro e solista alternan o canto. DIRECTA: Non hai alternancia. Sempre canta un coro ou un solista. ✓ Segundo a relación de texto e notas: SILÁBICO: a unha nota lle corresponde xeralmente unha sílaba do texto. NEUMÁTICO: dúas a tres notas por cada sílaba de texto. MELISMÁTICO: moitas notas para unha sílaba de texto. TOVADORESCO: Os trobadores foron poetas-músicos que normalmente pertencían á nobreza. Tiveron unha gran importancia durante a Idade Media, sobre todo en Francia e en España. O seu nacemento sitúase nunha zona do sur de Francia denominada Provenza a finais do século XI. Estes personaxes utilizaban a lingua provenzal nas súas composicións, e o tema principal dos seus poemas é o tema do amor platónico. Tamén cantaban e recitaban sobre temas cabaleirescos.

Instrumentos Medievais

CORDÓFONOS: cítara, guitarra morisca, rabel. AERÓFONOS: flauta travesa.

Renacemento

Co Renacemento dá comezo a Idade Moderna. É un período que abarca os séculos XV e XVI, cronoloxicamente sitúase entre a Idade Media e o Barroco. O gran desenvolvemento económico que vai producirse en Europa facilitará a mobilidade dos músicos e o intercambio das súas ideas musicais. Os grandes nobres e aristócratas van ser os principais “mecenas” da época. Os mecenas eran persoas adineradas que acollían aos grandes artistas, para protexelos e mantelos con comodidades e luxos. Ser mecenas era un signo de riqueza e de estatus elevado. Por outro lado, no ámbito relixioso, a Reforma de Lutero e a Contrarreforma Católica serán importantes para a evolución da música. A produción musical aumentará impulsada polas ideas humanistas, ademais da invención da imprenta, xa que agora comezan a imprimirse as primeiras partituras. A música seguirá crecendo en complexidade, como xa o fixera nos últimos séculos da Idade Media. Isto obriga aos músicos a especializarse. A música profana e instrumental, alcanzará un maior desenvolvemento influídos polo espírito humanista e o apoio dos novos mecenas. Xa no Ars Nova (Gótico) a polifonía acadara unha gran complexidade; agora no Renacemento o uso de grupos de voces con diferentes timbres e tesituras xeneralízase. Neste período podemos falar xa das catro voces que chegarán ata os nosos días (soprano, contralto, tenor e baixo). Dentro do ámbito polifónico destacan dúas técnicas de composición, unha contrapuntística (na que as voces móvense de maneira independente) e outra homofónica (na que as voces móvense co mesmo ritmo). Debido á complexidade que acadara a polifonía, os sistemas de notación teñen que desenvolverse en canto á métrica, polo que se abandona totalmente o ritmo libre do gregoriano para establecer unha música con medidas fixas, na que as duracións dos sons son absolutas. Os compositores van empezar a introducir nas súas obras voces a distancias de intervalos de terceira superpostas. Esta práctica será o antecedente dos acordes do noso sistema tonal actual.

Música Relixiosa

As formas musicais máis importantes da música relixiosa católica son o motete e a misa (forma musical complexa resultado da unión de todas as pezas da liturxia), en ambas evitarase a complexidade das obras. Os compositores principais da igrexa católica son os italianos Giovanni Pierluigi de Palestrina, Orlando di Lasso, e os españois Tomás Luis de Victoria.

Música Vocal Profana

A diferenza da música vocal relixiosa, que ten un estilo internacional xa que en todos os territorios se escribe baixo as mesmas pautas, a música vocal profana vai ter un estilo propio. En cada país desenvolveranse diferentes tipos de cancións escritas nas linguas vernáculas (propias de cada territorio) e non en latín como sucedía na música relixiosa. O xénero máis importante é o madrigal. As súas principais características son: 1. Trátase dunha forma de polifonía escrita para catro ou cinco voces escrita en italiano. 2. Normalmente é música "a capella”, aínda que se lle poden engadir algúns instrumentos que dobran as voces. 3. Incorpora fragmentos musicais de carácter descritivo chamados madrigalismos.

Instrumentos

Guitarra, vihuela, laúd, clavicordio.

Barroco

Cóñecese co nome de Barroco ao período que vai desde 1600 ata 1750. Está enmarcado entre o Renacemento e o Clasicismo. Johann Sebastian Bach será o xenio indiscutible desta época. Este pensamento barroco (razón-sentimento) vai facerse moi patente no panorama musical. Así pois, neste período búscase unha codificación de todos os parámetros musicais (ritmo, tonalidade,...) como forma de ordenar e racionalizar a música.

Música Relixiosa

A música relixiosa, aínda que perdeu a súa gran hegemonía, segue tendo un gran peso no Barroco. Tanto a igrexa protestante como a católica aproveitarán as innovacións que se dan na música profana para crear novas formas. ORATORIO: É unha especie de ópera relixiosa, xa que conta cos mesmos apartados que esta (arias, coros, interludios, recitativos...). Ten outras similitudes como a gran extensión e o carácter dramático; sen embargo no oratorio atopamos características propias: • Os textos son relixiosos, normalmente extraídos da Biblia. • O oratorio non se escenifica. Interprétase nun lugar de culto sagrado. • Existe a figura dun narrador que vai explicando a acción mediante o recitativo. Os grandes compositores deste xénero son G.F.Haendel, cuxo oratorio máis coñecido é "O Mesías" e J.S.Bach, con obras como o "Oratorio de Nadal". CANTATA: O termo cantata significa etimoloxicamente "música para cantar" e xurxe en contraposición á sonata "música para soar". É un xénero que nace dentro da música vocal profana. PASIÓN: É un oratorio que trata exclusivamente da paixón e a morte de Xesucristo, inspirándose nos Evanxeos. Os personaxes importantes do Evanxeo son interpretados polos solistas, mentres que outros personaxes (discípulos, pobo...) son interpretados polo coro.

Música Vocal Profana

A finais do século XVI, en Florencia xurde un grupo de artistas e intelectuais coñecidos como a "Camerata Fiorentina". Estes artistas están en contra do desenvolvemento por complexidade, perdían a esencia principal que debe cumprir a música, que non é outra que a de conmover ao escoitante e facer brotar nel todo tipo de sentimentos. Os artistas da Camerata buscaban un xénero capaz de abarcar todas as formas artísticas posibles e por iso denominarán á ópera.

Clasicismo

O Clasicismo é un período que se enmarca entre o Barroco e o Romanticismo. Sae fecharse convencionalmente entre 1750 (morte de J.S.Bach) e 1827. Neste período prodúcese unha volta aos ideais da cultura clásica grecorromana, baseados sobre todo no equilibrio, a sinxeleza e a beleza (deixando atrás o estilo recargado do Barroco); por iso, no resto das artes coñécese a este período como "Neoclasicismo". Entre os precursores da música deste período podemos nomear a dous dos fillos de Bach: C.P.E. Bach e J.C. Bach, pero os tres compositores que se van converter nas grandes figuras deste período son Haydn, Mozart e Beethoven, que traballarán en Viena, xa que esta é considerada a cidade máis importante dentro do contexto musical. A música relixiosa, non cabe sinalar grandes cambios musicais respecto á época anterior. Seguiranse creando practicamente os mesmos xéneros, dentro dos cales destacará a "misa". Un tipo de misa especial que vai adquirir gran importancia neste período é o Réquiem. O Réquiem é a música composta para a misa dos defuntos da Igrexa católica. Dita música é lixeiramente distinta da doutras misas, xa que se prescinde das partes consideradas demasiado alegres para unha ocasión de loito. Dentro deste tipo de xénero, podemos destacar o Réquiem de Mozart, obra mestra da música clásica. Segundo conta a lenda, esta obra lle foi encargada a Mozart por un descoñecido. O compositor, que entón xa estaba gravemente enfermo, creu que se trataba dun encargo do “máis alá” para o seu propio funeral e morreu compondo a sétima parte da obra que leva por título Lacrimosa. Esta parte remata coa palabra Amen, palabra que se utilizaba ao final da misa, algo estraño tendo en conta que a Mozart aínda lle quedaba a metade do réquiem por compoñer. A obra sería completada, seguindo as instrucións que o compositor deixou escritas, polo seu alumno Süsmayr.

Entradas relacionadas: