A Narrativa Galega: Autores e Tendencias (1960-1990)
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,23 KB
Narradores das décadas de 1960 e 1970
Xosé Luís Méndez Ferrín
Comezou (1958-1964) seguindo o experimentalismo da NNG, pero desde Retorno a Tagen Ata (1971) abandónao. Nas súas obras posteriores combina temas habituais cun tratamento simbólico de cuestións políticas (Galicia sometida, represión), como en Elipsis e outras sombras (1974) e Arraianos (1991). Tamén aborda experiencias propias en obras como Crónica do nós (1980) e No ventre do silencio (1999).
Carlos Casares
Tras Xoguetes para un tempo prohibido (1975) deixa o experimentalismo e aposta polo realismo narrativo, centrado sobre todo na novela. En Os escuros soños de Clío (1979) reúne contos históricos. Destacan tres novelas:
- Ilustrísima (1980): sobre a chegada do cine a Ourense e os conflitos que provoca.
- Os mortos daquel verán (1987): sobre a represión na Guerra Civil con estilo forense.
- O sol do verán (2002): obra póstuma de ton intimista centrada nun suicidio misterioso.
Tendencias e autores dos anos 80
Esta década supuxo unha gran novidade pola diversificación temática. Xorden e consolídanse subxéneros pouco habituais ata entón na narrativa galega: novela negra/policial, urbana, de perspectiva feminina e ciencia ficción, entre outros.
Factores de cambio
- Consolidación dun mercado lector: aumento de lectores habituais, presenza da literatura no ensino e aparición dun público infantil e xuvenil.
- Impulso editorial: creación de novas editoriais e premios literarios que favorecen a publicación e difusión das obras.
- Desenvolvemento da crítica especializada: tanto académica como xornalística, que axuda a orientar os lectores e dar visibilidade ás novidades literarias.
Principais tendencias narrativas
- Novela-retrato xeracional: recrea o pasado recente desde a experiencia dunha xeración. Destaca Xavier Alcalá con A nosa cinza (1980), memorias da infancia na posguerra, e Fábula (1981), centrada na mocidade galega politicamente comprometida antes da democracia.
- Novela histórica: reconstrúe épocas pasadas con base documental. Exemplos: Víctor Freixanes con O triángulo inscrito na circunferencia (1982), sobre o século XIX galego; e Alfredo Conde con Xa vai o griffón no vento (1984), que alterna entre o Renacemento e a época contemporánea.
- Narrativa feminina: escrita por mulleres e con perspectiva propia, a miúdo feminista. Destacan María Xosé Queizán, con Amantia (1984) e A semellanza (1988), e Úrsula Heinze con O soño perdido de Elvira M. (1982).
- Novela popular e policial: orientada a un público amplo. Xosé Fernández Ferreiro destaca na novela popular (A morte de Frank González, 1975; Corrupción e morte de Brigitte Bardot, 1981). A novela policial consolídase con Carlos G. Reigosa (Crime en Compostela, 1984; O misterio do barco perdido, 1988).