Narrativa Galega Posguerra: Autores e Tendencias

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,93 KB

Narrativa Galega de Posguerra: Autores e Tendencias

Continuadores da Xeración Nós

  • Ramón Otero Pedrayo
  • Ricardo Carballo Calero

Novas Técnicas Narrativas

  • Monólogo interior
  • Rupturas temporais

Recreación de Mundos Fantásticos

  • Álvaro Cunqueiro: mestura de mitos e imaxinación da cultura galega.

Reprodución do Conto Popular

  • Ánxel Fole: converte os contos populares galegos en literatura de factura culta.

O Realismo Social

  • Eduardo Blanco Amor: protagonismo das clases populares.

Achegamento ao Mundo Rural da Posguerra

  • Xosé Neira Vilas

Características dos Autores

Ánxel Fole

  • Relatos interconectados.
  • Fórmulas introdutorias.
  • Personaxes que contan contos a outros.
  • Linearidade temporal.
  • Sentenzas didácticas ao final.
  • Temas: aparecidos, supersticións, morte, lingua, amor, lobos, humor, fantasía, aventuras.

Álvaro Cunqueiro

  • Creador do realismo fantástico.
  • Mestura de realidade cotiá con mito, fantasía e soño.
  • Elementos enxebres e ambientes exóticos.
  • Grande imaxinación.
  • Lirismo e humor.
  • Pequenos relatos relacionados entre si.
  • Abundante adxectivación.
  • Lingua baseada na fala popular, pero refinada.

Eduardo Blanco Amor

  • A Esmorga (1959): visión pesimista do ser humano e crítica da sociedade. Trata temas como a cuestión lingüística, a homosexualidade, o machismo e a indefensión das clases marxinais. Usa a linguaxe popular e a técnica "telefónica".
  • Xente ao Lonxe (1962): visión da sociedade da época, a educación, a sexualidade, a hipocrisía social, a emigración, a prostitución, o rol da muller e o nacemento do movemento obreiro.
  • Os Biosbardos (1962): realismo social con novas técnicas novelísticas.

Xosé Neira Vilas

  • Mundo rural galego.
  • Emigración.
  • Pésimas condicións de vida dos máis pobres.
  • Incomprensión cara á infancia.
  • Ruptura do espazo lineal e das coordenadas temporais.
  • Perspectivismo.
  • Protagonista colectivo.
  • Mundo onírico.

A Literatura Galega coa Chegada da Democracia

Coa chegada da democracia en 1975, a literatura galega experimenta un cambio importante cara á súa normalización definitiva. A nova lexislación (Estatuto de Autonomía, Lei de Normalización Lingüística) favorece un maior coñecemento da literatura galega, un aumento do número de lectores e o desenvolvemento do mercado cultural. Isto tradúcese no incremento de empresas editoriais, a multiplicación de títulos e autores, e o recoñecemento dentro e fóra de Galicia.

Entradas relacionadas: