El Neolítico: Características y Cambios Económicos, Sociales y Culturales

Clasificado en Francés

Escrito el en catalán con un tamaño de 3,04 KB

1. O Neolítico: características e cambios con respecto á época Paleolítica (cambios económicos, sociais e culturais)

O Neolítico é unha etapa da Prehistoria que comeza cara o 8000 a.C. no Próximo Oriente, pero na península inicíase algo máis tarde, cara o 6000 a.C. aproximadamente. Durante este período, o ser humano é quen de producir os seus alimentos, polo que pasamos dunha economía cazadora-recolectora a outra de tipo agrogandeiro, que permite a sedentarización das comunidades humanas en poboados fixos, abandonando o nomadismo paleolítico. Na transformación da economía houbo unha posta en práctica da observación dos ciclos da natureza, posiblemente un feito protagonizado polas mulleres. Agora o ser humano é quen de seleccionar plantas e animais para domesticalos co fin de garantirse o seu sustento. Este proceso é o que denominamos neolitización.
Esta transformación da economía implicou un avance técnico importante. Pasamos da pedra tallada do Paleolítico á pedra pulida, á fabricación de aixadas para cavar a terra, á agricultura do trigo, cebada e leguminosas, á domesticación de gando caprino, bovino e porcino, á creación de muíños de man para transformar o gran en fariña e de recipientes para almacenar o excedente, dando pé á aparición da cerámica. Ademais, xurdiu a actividade téxtil para elaborar os primeiros tecidos.
As primeiras comunidades neolíticas estarían estruturadas arredor de clans familiares, pero co tempo, xa na denominada Idade dos Metais, a partir do terceiro milenio, os excedentes agrícolas permitirían unha especialización en determinados traballos, aparecendo unha primeira división social. A necesidade de defender os recursos implicaría a necesidade de crear unha casta guerreira que, pola importancia da súa función, comezaría a distinguirse dos demais membros da comunidade. O excedente tamén daría lugar á actividade de intercambio con outras comunidades veciñas, a través do troco, o que iría estratificando a sociedade.
As crenzas probablemente estarían relacionadas co culto ás forzas da natureza e a todo o que propicia unha boa colleita (o sol, a lúa, a auga, a nai terra, etc.). Os restos da súa actividade cultural teñen que ver coa pintura rupestre, de tipo esquemático, antropomorfas e zoomorfas, fronte ao naturalismo da etapa anterior, no Paleolítico Superior, con presenza da figura humana formando escenas de caza ou de danza. Tamén de finais desta época son as construcións megalíticas, con pedras grandes (dólmenes, menhires, etc.) de carácter funerario.
Os xacementos máis destacados do Paleolítico serán os de Altamira en canto a arte rupestre e o de Atapuerca, un dos máis salientables de Europa. Este proceso de neolitización peninsular foi máis intenso no espazo mediterráneo, Andalucía e o centro e sur de Portugal, debido ao seu contacto máis intenso coas comunidades xa neolitizadas do ámbito mediterráneo.

Entradas relacionadas: