Normativa Laboral: Dereitos, Deberes e Convenios

Clasificado en Formación y Orientación Laboral

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,61 KB

Marco legal das relacións laborais

As persoas que traballan están suxeitas a unha serie de leis, decretos, etc.

A norma máis xeral e ampla que comprende todas as demais é a Constitución. Outras derivan da Unión Europea e da Organización Internacional do Traballo (OIT). A OIT é un organismo das Nacións Unidas, creado en 1919, que promove as accións internacionais para mellorar as condicións de traballo e o nivel de vida dos traballadores.

O Estatuto dos Traballadores

No marco estritamente laboral, a principal norma é o Estatuto dos Traballadores, no que se regulan:

  • Como son e como funcionan os contratos de traballo.
  • Os dereitos e deberes dos traballadores.
  • Os dereitos de reunión e a negociación colectiva.
  • As infraccións laborais.

Os convenios colectivos

Os convenios colectivos son as normas que regulan as condicións de traballo nunha empresa, nun conxunto de varias empresas ou en parte dunha empresa. Permiten acomodar cada empresa ás normas xerais establecidas polas leis, posibilitando a súa mellora para uns traballadores concretos.

Son acordos establecidos por escrito e publicados no BOE, nos que se establece todo o que ten que ver cos traballadores e coa súa actividade laboral na empresa, como poden ser os horarios ou a produtividade. Un convenio debe ter:

  • As partes que o negocian e o asinan.
  • Ámbito persoal, funcional, territorial e temporal.
  • Denuncia do propio convenio.
  • Comité de resolución de conflitos.

Tipos de conflitos e resolución

Para resolver conflitos pódese recorrer aos tribunais ou a resolucións xurídicas por medio do Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Medidas de presión e resolución
  • Folga: Interrupción do traballo polos traballadores como medio de presión para defender algo. Mentres dura, os contratos quedan en suspenso.
  • Pechamento patronal: Os empresarios pechan o centro de traballo con motivo dalgunha irregularidade colectiva. Os contratos quedan suspendidos.
  • Conciliación: Un conciliador trata de aproximar os puntos de vista das partes para chegar a un acordo.
  • Mediación: Un intermediario propón ás partes unha solución, que as partes implicadas deben aceptar ou rexeitar.
  • Arbitraxe: Un árbitro, asignado polas partes, pronuncia unha solución de obrigado cumprimento para as partes.

Entradas relacionadas: