A Nova Narrativa Galega: Orixes, Características e Autores
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,16 KB
A Nova Narrativa Galega: Orixes e Características
Na década dos 50, cando se inicia a recuperación da literatura galega, xorde un grupo de mozos que incorpora á nosa narrativa novos motivos e novas técnicas relatoras; son os integrantes da Nova Narrativa Galega. Non se pode falar en sentido estrito dunha escola ou grupo homoxéneo, mais úneos a súa formación universitaria, con claras inquietudes galeguistas. No plano literario, a súa intención innovadora e o desexo de ruptura formal coa tradición narrativa.
Participan na concepción desintegradora da nova tradución practicada por escritores do século XX que foxen do relato da biografía (a vida literaria) dun heroe problemático. Interésanos a narración sen andadura lóxica, mesmo sen protagonista individual e sen historia: recollen de Marcel Proust a descrición minuciosa dos estados de ánimo; de Franz Kafka, o mundo atormentado, con protagonistas irreais e impotentes ante unha realidade estraña e absurda; de James Joyce, a exploración do monólogo interior; de William Faulkner, a destrución da lóxica temporal; do psicanalista Sigmund Freud, a presenza do complexo mundo do subconsciente (traumas, soños, símbolos...).
O nouveau roman propugna o obxectualismo, concédelle ás cousas a mesma importancia ca aos personaxes, que deixaron de ser o centro; o protagonista fica reducido, cuxa identidade non interesa, que se atopa perdido, que busca non se sabe qué, que non sabe por que está alí... E para presentar-nos as situacións sérvese da vista, que percorre a superficie das cousas, presentándonos as formas, límites e contornos. A obra de arte redúcese a puro formalismo, a unha construción enxeñosa e artificialmente técnica.
Características Xerais
A) No relativo ao argumento, ao tema:
- Abandono do antropocentrismo.
- Localización espacial imprecisa, sen identificación física.
- Ambientes urbanos.
- Ausencia de preocupación inmediata polos conflitos do país, que só se albiscan nun segundo plano en clave simbólica.
- Mestura de realidade e mundo fantástico.
- Exploración de situacións estrañas e opresivas, nos límites do absurdo.
- Presenza de sexo e violencia.
B) Formais:
- Monólogo interior.
- Distorsión temporal, botando man do flash-back, da técnica de montaxe de diferentes planos con independencia do curso lineal en que se sucedan, ou da ralentización de acontecementos.
- Pluralidade de voces narrativas, que se alternan e superpoñen, mesturando ás veces as persoas gramaticais.
- Enfoque obxectualista no que o narrador non rexistra mais ca os fitos que percibiría unha cámara.
O Corpus e a Obra de Xosé Luís Méndez Ferrín
O corpus da Nova Narrativa Galega abrangue unhas vinte obras publicadas entre 1954 (Nase-c unha árbore, de Gonzalo R. Mourullo) e 1971 (Adiós, María, de Xoana Torres).
O autor máis destacado é Xosé Luís Méndez Ferrín, cunha obra extensa e relacionada entre si, formada por novelas e relatos curtos que comparten a creación dun mundo fantástico, con forte presenza de violencia e elementos políticos tratados de forma alegórica. Podemos destacar tres etapas:
1. Nova Narrativa Galega: 1961-1971
Predominio da técnica experimental sobre o interese argumental. Tematicamente, trata o absurdo e a falta de sentido da vida, con influencia do existencialismo.
O crepúsculo e as formigas (1961) é un conxunto de relatos nos que deforma a realidade facéndonos dubidar se o que narra é real ou imaxinario. O máis importante vai ser a violencia para mostrar situacións de opresión e miseria, é dicir, para mostrar unha realidade. A violencia, que forma parte do absurdo da existencia, prodúcese en seres atormentados e nun espazo escuro que semella ser o culpábel. Na novela Arrabaldo do norte, sen seguir ningún modelo francés determinado, vese que alí hai unha forte vontade tecnicista (técnica obxectualista), superpoñendo a estrutura narrativa ao interese do relato. Presenta un home incapacitado para a comunicación, con diálogos inúteis, que anda perdido polas rúas á procura dun cambio na súa vida que non da con acadado.
2. Segunda Etapa: 1971-1980
Maior riqueza temática e omnipresenza da preocupación política.
3. Terceira Etapa: A partir de 1980
Caracterízase pola volta á fantasía e ás recreacións míticas e maior preocupación estilística, con "táboa ata -Galiza-" entre fábulas imaxinarias que encorren unha denuncia social.
Outros Autores: Carlos Casares
Outro autor que comezou coa Nova Narrativa Galega foi Carlos Casares, pero as súas maiores novelas son posteriores e de feitura moito máis clásica. Nesta corrente inscríbense o libro de relatos Vento ferido (1967) e a novela Cambio en tres (1969).