A novela como texto narrativo: elementos e estrutura

Clasificado en Química

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,85 KB

A NOVELA/A novela é a manifestación máis extensa e perfecta do discurso narrativo. Segundo o tema predominante que se trate atopamos: novela histórica, de aventuras, policíaca, de acción, psicolóxica...; segundo a súa intencionalidade: didáctica, satírica, burlesca, etc.; segundo a súa forma: epistolar, dialogada, etc.//A novela como texto narrativo presenta os seguintes elementos:

O narrador é un elemento fundamental e non necesariamente coincide co autor real. É a voz que conta a historia. O receptor da obra literaria non sempre coincide co lector. Ás veces, atopamos na narración un receptor interno ao que o narrador dirixe o seu discurso e que se chama narratario, pero o discurso xeral da novela, a mensaxe, recíbea o lector. O narrador pode enfocar a historia desde diferentes puntos de vista:

A) Narrador interno: que participa na historia que narra, ben vivíndoa como protagonista ou como personaxe secundario. A historia é contada en primeira persoa. Como protagonista, adoita ser un narrador subxectivo que comenta e valora o que narra. Ás veces, é un personaxe secundario, que participa máis ou menos na historia; chámaselle tamén narrador testemuña.

B) Narrador externo: non participa na historia que narra, o relato é contado desde fóra, en terceira persoa. Adoita ser un narrador omnisciente, xa que sabe todo sobre os personaxes, os seus pensamentos, os seus sentimentos máis íntimos e incluso o que soñan, e subxectivo, xa que valora e comenta o que narra e describe.

Tamén adoitan distinguirse diferentes níveis narrativos, como:

Narrador-editor: o narrador finge que non creou a historia, senón que a atopou escrita e limítase a editala.

Narración enmarcada: é unha historia enmarcada noutra historia. Prodúcese cando un personaxe relata á súa vez unha historia.

Personaxes

Protagonista ou personaxe no que recae a acción principal. O personaxe que se opón a el é o adversario. Se aparecen varios personaxes sen destacar ningunha en particular falamos de personaxe colectivo.

Secundarios acompañan aos protagonistas, dialogan con eles e son necesarios para que o relato adquira a súa forma final.

Os redondos ou descritos con moitos matices físicos e psicolóxicos que poden variar durante a obra, son propios das novelas; os planos ou arquetipos retratados con poucos trazos, dos contos.

O espazo é o lugar, o espazo físico no que se desenvolve a acción. Suxeitase indicar mediante descricións intercaladas realizadas polo narrador ou polos personaxes, é fundamental para crear un ambiente determinado.

Orde da narración e o tempo narrativo: segundo se organicen os elementos da trama (planteamento, nó, desenlace) pode haber:

Orde cronolóxico lineal se os acontecementos se ordenan cronoloxicamente tal como suceden na realidade: planteamento, nó, desenlace é usual na novela do século XIX.

Orde non lineal, por exemplo, orde in medias res a narración comeza co nó, logo pasa ao comezo da historia, volve ao sitio onde comezou e acaba co desenlace. Ou ordenación in extrema res: a narración comeza polo final da historia, logo retoma a situación inicial e o corpo da historia para chegar ao desenlace.

Entradas relacionadas: