A novela na España democrática: unha nova etapa literaria

Clasificado en Español

Escrito el en gallego con un tamaño de 1,97 KB

Algúns calados na novela da España democrática.

O fin do franquismo supuxo unha esperanza de publicar obras que a censura mantivera ocultas. Os autores burláronse dela editando no estranxeiro ou autocensurándose. As editoriais apostaron por escritores consolidados e recuperaron obras publicadas fóra de España, como Si te dicen que caí de Juan Marsé. A novela experimental vivía horas baixas e volvíase a unha recuperación do argumento e ao gusto de narrar. Os narradores españoles intentan conxugar a calidade literaria coa súa popularidade, pódese disfrutar da lectura sen facer esforzo, tendo en conta o interese das editoriais de vender a gran escala. A narratividade tivo dous exponentes, Escuela de mandarines de Miguel Espinosa e Cerbero son las sombras de Juan José Millás, unha procura de novas formas narrativas, con recuperación do argumento, é un trazo posmoderno e é unha falta dun proxecto colectivo que implica distintas tendencias narrativas. A partir da transición, as editoriais operaron como empresas, creándose grandes grupos editores, con crecemento de títulos publicados e descenso de tiraxes. Os escritores redefiniron o seu papel para centrarse no mundo da ficción e a desaparición da censura posibilitou o uso de linguas autonómicas e a difusión de autores estranxeiros. O oficio de novelista encheuse de prestixio social e desembarcaron dramaturgos, poetas, filósofos, actores... O cine converteuse noutro elemento favorable para a difusión da novela. Os novelistas que publican as súas obras teñen idades moi diferentes. O panorama da novela a partir de 1975 é variado e surxen subxéneros narrativos, como a novela policíaca, onde destaca Manuel Vázquez con Pepe Carvalho e Eduardo Mendoza con Los mares del sur. Na novela histórica, destacan autores como Juan José Millas, Domingo Villar e Eduardo Mendoza. Entre 1975 e 1982 dedicáronse 170 novelas deste subxénero, admitindo distintos graos de éxito.

Entradas relacionadas: