Organización Político-Administrativa do Estado Español

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,1 KB

1.-A ORGANIZACIÓN POLÍTICO-ADMINISTRATIVA DO ESTADO.

A) A organización do Estado español é o resultado dunha evolución histórica.
Cando a Península Ibérica se incorporou ao Imperio Romano deu de unidade de política, cultural e relixiosa.
Durante a idade media a loita de cristiáns e musulmáns polo control da península foron configurando os rasgos particulares de cada rexión. Rasgos que en algúns casos perviven ata hoxe.
Tras a reconquista os reis católicos deron unidade política ao conxunto de reinos e territorios coa excepción de Portugal pero mantívose a diversidade cultural das distintas rexións.

B) A Constitución de 1978
O Estado español ten a organización dun estado democrático:
 

 -Recoñece o principio de soberanía popular que establece que o poder está compartido por todos os cidadáns a través do dereito universal ao voto

-Rexe por unha Constitución que recolle os dereitos e deberes dos cidadáns.

-Garante a igualdade ante a lei de todas as persoas sen discriminación por nacemento raza sexo relixión ou opinión.

Constitución é a lei pola que unha comunidade política se constitúe como estado.
Comezou a redactarse tras as eleccións xerais de 1977.
Foi aprobada por maioría nas Cortes Xerais en outubro de 1978 e ratificouse en referendo nacional o 6 de decembro de 1978.
Principios básicos da constitución.

A Constitución proclama os dereitos e liberdades dos cidadáns. Define a organización do estado e establece os distintos poderes.
En canto á forma política o estado español configúrase como monarquía parlamentaria. Isto significa:

-O xefe do estado é o rei.

-É parlamentaria porque o rei reina pero non goberna. A responsabilidade de tomar decisións políticas e redactar leis recae no Parlamento e Goberno.

A Constitución tamén define España como un estado democrático no cal a soberanía reside no pobo.

C) A organización política do Estado.

-Cortes Xerais: formadas polo Congreso e Senado elixidas polo pobo español mediante sufraxios universais. Nelas reside o poder lexislativo e redactan e aproban as leis, ratifican os orzamentos do Estado e controlan a acción do Goberno.

-O Goberno: formado polo presidente e os ministros é o órgano do poder executivo. Aplica ou executa as leis aprobadas polas Cortes, dirixe a política interior e exterior, a defensa da nación e a administración xeral do Estado. O presidente é elixido polo Congreso e nomea aos ministros.

-Tribunais de xustiza: composto por xuíces e magistrados, exercen o poder xudicial. Administran xustiza e fan cumprir as leis.
Para garantir a súa independencia dos demais poderes do estado non poden pertencer a ningún partido nin ocupar cargos políticos. O seu órgano máis importante é o Consello do poder xudicial cuxos membros son elixidos polas Cortes e é o que nomea aos xuíces dos distintos tribunais.

D) A organización territorial do Estado

O aspecto máis novedoso que introduciu a constitución foi a organización territorial do estado, fronte ao dilema de Estado unitario ou federal optouse por un intermedio: o Estado autonómico.

Desequilibrios territoriais

 En España existen desequilibrios demográficos, socioeconómicos e políticos.


-LOS DESEQUILIBRIOS DEMOGRÁFICOS: a poboación española distribúese de forma irregular. O aspecto máis destacado destes desequilibrios é a densidade de poboación…. ex.: Madrid alta densidade-Galicia moi baixa densidade.

Tamén hai diferenzas nas taxas de natalidade e mortalidade.  Na actualidade as comunidades máis densamente poboadas son as que reciben aos inmigrantes procedentes do estranxeiro.


LOS DESEQUILIBRIOS ECONÓMICOS: As diferenzas entre as comunidades son evidentes, e son a orixe dos desequilibrios territoriais…ex. Andalucía ten alta taxa de paro- Cataluña ten un alto porcentaxe de emprego.

Algúns comunidades presentan un gran desenvolvemento do sector terciario.

Estes desequilibrios débense ao crecemento industrial, e o crecemento de riqueza que foi diferente nas comunidades.

-LOS CONTRASTES POLÍTICOS: Producen entre as nacionalidades históricas, e o resto das comunidades. As nacionalidades históricas teñen unha personalidade cultural, histórica e política pronunciada que produce tensións políticas. Hai diferenzas na cantidade de competencias asumidas por cada comunidade.

Hai diferenzas no réxime económico:

    .O réxime foral: aplica no País Vasco e Navarra recadan a maior parte dos impostos e entregan unha cantidade anual chamada cupo, en pago polos servizos que o estado presta á comunidade.

   .O réxime xeral: Aplica no resto das comunidades. Establece como fonte de ingresos autonómicos os créditos procedentes dos orzamentos xerais do estado e a cesión de determinados impostos.

Entradas relacionadas: