Orixe e composición do Universo e do Sistema Solar

Clasificado en Geología

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,36 KB

Composición da materia do Universo: O Big Bang orixinou grandes nubes de gases e de po que se foron concentrando e formando estrelas e planetoides. O resto da materia forma grandes nubes chamadas nebulosas. As galaxias podense definir como grandes conxuntos de estrelas e gases. As estrelas nas galaxias están moi separadas entre si e pode haber planetas e planetoides xirando o seu arredor. A nosa galaxia recibe o nome de Via Láctea. Esta inmersa nun pequeno cúmulo. É de tipo espiral e está formada por varios millóns de estrelas. As estrelas son grandes masas de gases a temperaturas moi altas e a grandes presións que fan que no seu interior se produzcan reaccións termonucleares que liberan enormes cantidades de enerxía. Einstein A súa teoría da relatividade espacial foi fundamental para combinar as observacións e as propiedades das galaxias, deducir as condicións do Universo no tempo, o punto de partida para formular a teoría do Big Bang refírese ao momento no que se iniciou a expansión como a evolución do Universo. Materia escura presente en todas partes. A súa existencia só pode ser posta en evidencia polos efectos gravitacionais que causa sobre as galaxias. A enerxía escura actúa como unha forza repulsiva que se distribúe por todo o espazo, onde actúa como unha especie de antigravidade esgazando o universo. Orixe do Sistema Solar: Produto do Big Bang unha nube de po e gases que xiraba sobre si mesma, colapsouse e ao contraerse aumentou a temperatura ata que induciu a fusión nuclear e formouse o Sol, en torno ao que seguiría xirando un disco de po que foi condensándose formando planetesimais e rematando o proceso coa formación dos planetas, entre eles a Terra. Composición O Sistema solar atopase nun dos brazos da Via Láctea. Arredor do Sol, xiran unha serie de obxectos + pequenos, rochosos ou gasosos, que son os planetas. En torno aos planetas xiran os satélites, son parte do Sistema Solar os asteroides, localizados sobre o cinto que orbita entre Marte e Xúpiter, e os cometas. Arredor do sol xiran os planetas, son de dous tipos: Rochosos ou gasosos. Entre uns e outros está o cinto de asteroides

Entradas relacionadas: