Personaxes e eventos políticos en España do século XIX

Clasificado en Griego

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,37 KB

Carlos M.a Isidro

(1788-1855) infante de España y primer reclamante carlista del trono por ser el segundo hijo del rey Carlos IV y de María Luisa de Parma, y por lo tanto hermano del rey sucesor Fernando VII, a cuxa filla Isabel II disputou o trono.

Espartero

(1793-1879), foi un militar español líder dos progresistas que tras obrigar a Mª Cristina a dimitir foi nomeado rexente durante a minoría de idade de Isabel II ainda que dimitiu en 1843 volveu a gobernar durante o bienio progresista.

Narváez

(1799-1868) militar e político español, sete veces presidente do Consello de Ministros de España. Foi un dos políticos máis influentes durante o reinado de Isabel II. Como líder do Partido Moderado é recoñecido por ter sido o principal defensor do sistema isabelino fronte á ameaza da revolución que se cernía sobre España.

Isabel II

reina de España entre 1833 e 1868, grazas á derogación da lei sálica por medio da Pragmática Sanción. Isto provocou a insurgencia de Carlos María Isidro, irmán de Fernando VII e tío de Isabel II, quen, apoiado polos grupos absolutistas (carlistas) xa intentara proclamarse rei durante a agonia de Fernando.

Convenio de Vergara

Compromiso estipulado entre o capitán xeneral D. Baldomero Espartero (cristino) e o tenente xeneral D. Rafael Maroto (carlista) polo que se dá fin á primeira guerra carlista de 1833-1839.

Pi y Margall

(1824-1901) político español de ideoloxía republicana, presidente do Poder Executivo da Primeira República. Contrario á monarquía participou na oposición á mesma.

Revolución Gloriosa

revolta iniciada en 1868 por progresistas, republicanos, liberais e demócratas en resposta á monarquía cada vez máis conservadora e ditatorial de Isabel II. Supuxo o destronamento e exilio da raíña Isabel II e o inicio do período denominado Sexenio Democrático.

Amadeo I

rei de España entre 1871 e 1873. O seu reinado en España, de pouco máis de dous anos, estivo marcado pola inestabilidade política. Tivo que enfrontarse a unha insurrección na illa de Cuba e a unha nova guerra carlista.

Cantonalismo

movimento de insurrección que tivo lugar na época da I República española en 1873. O seu obxectivo foi establecer unha serie de cidades ou confederacións de cidades (cantóns) independentes.

Entradas relacionadas: