A poboacion xeografia

Clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 1,84 KB

ACUICULTURA: Conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo Biolóxico ou no medio no que habitan os peixes ou plantas, permiten controlar a Súa reprodución e/ou crecemento. E moi significativa en Galicia, e está Restrinxida a un pequeno abano de especies, en función da súa importancia Económica e do desenvolvemento dunha tecnoloxía axeitada e limitada Espacialmente á beiramar ou as augas continentais.

1.AGRICULTURA ECOLÓXICA: Concepto de economía sustentable que se refire ao sistema de produción agrícola que pretendendo o máximo equilibrio co Medio ambiente e coa saúde humana fai uso racional dos recursos e emprega Métodos de bonificación natural vs productos químicos de síntese.

DENOMINACIÓN DE ORIXE: Concepto administrativo que se refire á distinción que se outorga a Certos productos xeralmente de alta calidade, para distinguir o seu lugar de Procedencia e evitar así falsificacións e invasións de mercado.

DESAGRARIZACIÓN: Concepto que fai referencia á perda de poboación adicada á actividade Agraria, así como á perda de importancia económica da actividade agrícola nun Territorio, e o conseguinte debilitamento das institucións sociais vencelladas A esta actividade que organizan diferentes aspectos da vida social.

EXPLOTACIÓN INTENSIVA: É aquela explotación agraria que elimina os barbeitos e recorre á Produción continua do terreo, estimulada polo emprego de fertilizantes e o Regadío artificial.

POLÍTICA AGRÍCOLA COMÚN (PAC): Concepto de integración económica que se refire ás normas directivas de Cohesión e coordinación das políticas e actividades agropecuarias entre os Países membros da UE. 

Entradas relacionadas: