A Poesía das Vangardas: Orixe, Características e Impacto en Galicia
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Español
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,73 KB
A Poesía das Vangardas: Orixe e Características
Desígnase co termo vangarda un movemento artístico radicalmente innovador que se inicia en Europa nos primeiros anos do século XX e que poderiamos considerar delimitado polas dúas guerras mundiais. Foi un cambio radical e violento.
Pódese afirmar que o foco de irradiación do movemento vangardista mundial é París. As vangardas mundiais caracterízanse pola súa heteroxeneidade, que se traduce en diversas escolas e tendencias (ismos), pero a actitude xeral innovadora reflictese en certos lugares comúns:
- Actitude antirromántica e antisentimental: Rexeitamento das convencións románticas.
- Percepción intelectual da realidade: Énfase na razón e na análise.
- Renovación da linguaxe: Busca de novas formas de expresión.
- Innovación da linguaxe figurada: Deixa de establecerse en relacións lóxicas.
- Liberdade absoluta no acto de creación: Ruptura con normas preestablecidas.
Incidencia das Vangardas Mundiais na Poesía Galega
O vangardismo mundial foi un movemento dotado de gran poder de incidencia, e toda a poesía europea depende del. Os poetas galegos son herdeiros lexítimos da cultura universalista do grupo Nós.
O vangardismo galego é un fenómeno individualizado, pero non independente do contorno europeo.
As Vangardas Poéticas en Galicia
A procura da arte pura, promovida desde fóra, e a vocación de servizo á patria, característica da intelectualidade galega nos anos vinte, sintetízanse nunha promoción de escritores, todos eles nados arredor de 1900.
Estes autores:
- Reciben o maxisterio dos máis vellos.
- Instálanse nunha liña de servizo a Galiza.
- Sérvense da lingua galega como vehículo exclusivo para a creación poética.
- Mostran influencias de cubismo, creacionismo e ultraísmo.
Diferéncianse, pois, a vangarda galega da mundial no respecto á tradición, explicable desde os presupostos nacionalistas, e no culto ao sentimento, mesmo no máis radicalmente innovador dos nosos poetas, Manuel Antonio.
Principais Ismos da Vangarda Galega
Tres son os ismos máis representativos:
- Neotrobadorismo: Tendo como modelo os cancioneiros medievais.
- Hilozoísmo: Centrado na paisaxe e na innovación da linguaxe literaria por vieiros ultraístas.
- Creacionismo: Representado por Manuel Antonio.
Revistas Vangardistas Galegas
Entre as revistas propias que difundiron estas correntes destacan: Alfar e Ronsel.