Primeira Guerra Mundial e Revolución Rusa (1914-1939): Causas, Consecuencias e Impacto

Clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 12,36 KB

A Primeira Guerra Mundial e a Revolución Rusa (1914-1939)

Europa a comezos do século XX

A extensión da democracia

Na maioría de países industrializados consolidáronse sistemas políticos constitucionais e parlamentarios, que garantían a separación de poderes, a existencia de cámaras representativas, a defensa dos dereitos individuais e colectivos e a pluralidade de partidos políticos. A finais do século XIX, Inglaterra e Francia avanzan de xeito decidido cara a sistemas democráticos, coa ampliación do dereito de voto e a promulgación de leis sociais.

No Imperio Alemán, tratábase dun réxime constitucional, mais o kaiser exercía o poder de forma autoritaria e non era controlado polo parlamento. A democratización foi avanzando coa introdución do sufraxio universal masculino e a aprobación de leis avanzadas de protección social.

Nos Estados do Sur de Europa (España, Italia, Portugal) o forte peso da nobreza e o atraso económico dificultaban a consolidación de sistemas políticos democráticos, que se vían mediatizados polo falseamento electoral e caciquismo.

O mantemento de réximes autoritarios

A finais do século XIX, os vellos imperios multinacionais seguían a manter sistemas políticos semellantes ao Antigo Réxime. No Imperio Austro-Húngaro, aínda que se introduciron algunhas reformas, o poder do emperador era moi forte e mantíñase o dominio sobre os pobos eslavos, que aspiraban a acadar a súa independencia. No Imperio Ruso, os tsares continuaban a exercer un poder absoluto e as tímidas reformas emprendidas en 1861 foron paralizadas tras o asasinato do tsar Alexandre II (1881). O Imperio Turco conservaba algúns territorios en Europa, mais estaba en franca descomposición. A Revolución dos mozos turcos en 1908 obrigou o sultán a aceptar unha constitución e a emprender unha serie de reformas para modernizar o país.

A “paz armada”

A puxanza económica da nova Alemaña unificada alterou o vello equilibrio europeo e deu lugar a unha serie de conflitos internacionais que desembocaron na Primeira Guerra Mundial. Aos anos anteriores chamámoslles “paz armada”. O cambio nas relacións internacionais iniciouse en 1890 co ascenso do chanceler Guillerme II en substitución de Bismarck. E impúxose a Weltpolitik (política exterior alemá que aspiraba á hexemonía mundial). Alemaña rompeu a alianza con Rusia e ratificou o acordo de 1882 con Austria-Hungría e Italia, que formou a Tripla Alianza. Para afianzar o seu poder, illaron Gran Bretaña, que estaba dedicada á defensa dos seus intereses nas colonias. O seu principal rival era Francia desde o conflito de Lorena e Alsacia. Francia, temerosa, aliouse con Rusia (1892) e mellorou a súa relación con Gran Bretaña (1904), enfadados polas guerras nas colonias. Formouse o Triplo Acordo (1907). O malestar orixinou unha escalada na produción de armamento, no que os Estados inverteron un enorme capital. Isto e a formación de alianzas militares preludiaban o estalido dun conflito armado.

O camiño cara á Primeira Guerra Mundial

As causas da guerra

Destacaron os conflitos relacionados co imperialismo e o nacionalismo. Por unha parte, a rivalidade entre os imperios por espallar e consolidar os seus dominios coloniais extraeuropeos e, por outra parte, as aspiracións nacionais. Unha serie de crises internacionais marcaron a evolución cara ao conflito xeneralizado: as crises colonialistas en Marrocos (1905-1911), onde Alemaña viu unha oportunidade para ampliar os seus territorios coloniais e impoñerse a Francia e Gran Bretaña. A anexión de Bosnia-Herzegovina ao Imperio austrohúngaro (1908), que reavivou o conflito dos Balcáns. A decadencia do Imperio turco en Europa fixo que Austria-Hungría, Serbia e o Imperio Ruso se interesasen por ese territorio. Ademais, a sucesión en poucos anos de dúas guerras balcánicas agravará a situación.

O estalido da guerra

O 28 de xuño de 1914 foi asasinado o herdeiro do Imperio austrohúngaro, Francisco Fernando, en Saraievo (capital de Bosnia, ocupada polos austríacos). Isto foi realizado por un estudante relacionado coas organizacións nacionalistas serbias. Austria acusou Serbia de ter instigado o atentado, declaroulle a guerra e envioulle un ultimato cunha serie de esixencias. Ante a resposta negativa de Serbia, os acontecementos precipitáronse e, nunha semana, froito das alianzas prebélicas, a guerra estendeuse por outros países. Rusia interveu para protexer Serbia e declaroulle a guerra a Austria. Alemaña, aliada de Austria, declaroulle a guerra a Rusia e a Francia, aliada desta. Gran Bretaña declaroulle a guerra a Alemaña e a Austria cando, nas primeiras campañas militares, os exércitos alemáns, para rodear os franceses, invadiron Bélxica, país aliado de Francia. Italia mantívose neutral e despois cambiou de bando.

As fases do conflito bélico

A Primeira Guerra Mundial foi denominada a Gran Guerra porque nunca un conflito implicara a tantos países e seres humanos.

A guerra de movementos

As operacións bélicas iniciáronse na fronte occidental, cando os exércitos alemáns atacaron Francia, entrando por Bélxica e Luxemburgo, coa esperanza de vencer rapidamente e poder concentrarse na fronte oriental. En setembro de 1914, os alemáns situábanse a 40 km de París. Os exércitos francés e inglés conseguiron reorganizarse e deter o avance do exército alemán na batalla do Marne. Na fronte oriental, os alemáns derrotaron os rusos na batalla de Tannenberg, mais estes chegaron ás fronteiras do Imperio austrohúngaro. Nos Balcáns, a ofensiva austríaca contra Serbia foi detida.

A guerra de trincheiras

Tras a batalla do Marne, as frontes inmobilizáronse. Na fronte occidental abríronse trincheiras dende Suíza ata o mar do Norte e iniciouse unha fase da guerra na que gañarlle un palmo de territorio ao inimigo significaba decenas de milleiros de mortos. Fíxose necesaria a busca de novos aliados que contribuísen con máis soldados á fronte: Turquía (1914), Italia e Bulgaria (1915) e Romanía (1916). Os alemáns lanzaron unha nova ofensiva para romper a fronte occidental, mais na batalla de Verdún, os franceses resistiron durante meses. En xullo, os británicos e franceses atacaron as liñas alemás na batalla de Somme, pero con escaso éxito. Un millón de baixas nos aliados e 800.000 entre os alemáns.

A crise de 1917 e a fin da guerra

.

En 1917 triunfo en Rusia a Revolución bolxevique.Os revolucionarios, contrarios á participación de Rusia no conflito,retiráronse da guerra e asinaron con Alemaña o Tratado de Brest–Litovsk.O abandono foi compensado coa intervención de EE.UU despois de que un submarino alemán le fundira un transatlántico.En 1918, na fronte oriental,británicos,franceses e italianos derrotaron os austríacos e os seus aliados, e o imperio turco e austrohúngaro pediron armisticio.Os alemáns foron derrotados na segunda batalla do Marne e producíronse revoltas no exército e na mariña, ademais de manifestacións obreiras contra o goberno.O 11 de novembro de 1918 Alemaña asinou o armisticio e Guillerme II abdicou, mentres no seu país se proclamaba a denominada república de Weimar.

3.4 Un novo tipo de conflito.A Primeira Guerra Mundial mobilizou gran cantidade de recursos económicos e humanos, implicando a toda a poboación. Os exércitos nacionais recrutaban a todos os homes en idade militar e o novo tipo de armamento elevou o número de mortos e feridos.O grao de destrución implicou unha situación de gran penuria para a poboación de retagarda.Os contendentes reconverteron as súas industrias co obxectivo de fabricaren armamento, pediron préstamos e substituíron a man de obra masculina, que marchara á fronte, por mulleres.Por último, a utilización de modernas técnicas de propaganda permitiu mobilizar a opinión pública e comprometela activamente na causa bélica.


4. As consecuencias da guerra

4.1 Os tratados de paz.

En xaneiro de 1919 inaugurouse en París unha conferencia para establecer as condicións de paz a que asistiron 32 países pero as decisións tomáronas Francia, Italia, Gran Bretaña e EE.UU.Thomas Wilson (presidente de EE.UU) achegara a súa visión dunha paz fundada na concordia e na ausencia de vinganza contra Alemaña nun manifesto, 14 puntos Wilson. Pero os franceses pretendían recibir fortes compensacións dos alemáns polas terribles destrucións e custos de guerra.Os máis importante tratado foi o de Versalles.Nel declarábase a Alemaña única culpable do estalido do conflito e esixíalle o pagamento de fortes reparacións de guerra.Obrigábaselle a desarmarse, a desmantelar o seu exército, a ceder amplos territorios e a renunciar ó seu imperio colonial.Os alemáns considerárono unha posición humillante (diktat) que acabaría exacerbando o seu nacionalismo e o desexo de vinganza no futuro.

4.2 O novo mapa de Europa.

As compensacións territoriais dos vencidos, xunto á posición expresada de Wilson de que cada nación tiña dereito a formar un estado independente , deu lugar a unha remodelación de Europa:O imperio turco desapareceu case por completo,reduciuse a actual Turquía.Os seus territorios pasaron a formar parte de Grecia e Oriente Próximo aínda que como protectorados  británicos ou franceses.O Imperio austrohúngaro desintegrouse.Austria perdeu todas as posesións e converteuse en república.Hungría estableceuse como Estado independente e cedeulle parte do seu territorio a Checoslovaquia (novo territorio).Serbia converteuse na cabeza dun novo estado Iugoslavia.Outras remodelacións tiñan como obxectivo illar a nova Rusia revolucionaria por iso, creouse unha gran Polonia  e unha gran Romanía.

4.3 As consecuencias sociais e económicas.

A guerra causou ao redor de dez millóns de soldados mortos máis as vítimas civís, os feridos e os mutilados.As perdas materiais empobreceron os Estados que viron como diminuía a súa riqueza nacional. Aldeas,vilas e cidades foron arrasadas, os campos de cultivo, destruídos e as infraestruturas e industrias devastadas.Para facerlle  fronte ás necesidades tiveron que emitir moeda e débeda pública e pedir préstamos ao exterior.Este endebedamento dificultou a recuperación económica e provocou unha grande inflación.A guerra beneficiou ós países que permaneceron neutrais e se converteron en provedores (España, Brasil e Arxentina).Consolidou a hexemonía dunha grande potencia EE.UU. que experimentou un importante crecemento da súa produción industrial e das súas exportacións, e pasou a ser a principal prestamista do aliados bélicos.

4.4 A Sociedade de Nacións.Por proposta de Wilson  creouse a Sociedade das Nacións que debía garantir a paz.A sede instalouse en Xenebra e establecéronse dous organismos: Unha Asemblea, da que debían formar parte todos os Estados membros, e un Consello, constituído polas potencias vencedoras.O feito de que EE.UU non se integrase no organismo, así como  a inicial exclusión da Unión Soviética e a retirada dalgúns países convertérona nunha organización de vencedores, sen medios para impoñer as súas decisións.

Entradas relacionadas: