Principios metafísicos de Tomás de Aquino e proceso de hominización e humanización

Clasificado en Magisterio

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,19 KB

Principios metafísicos de Tomás de Aquino

Tomás de Aquino pensou que calquera substancia extramental ten unha parella de principios metafísicos: un é a “esencia” (essentia), que fai que a cousa sexa o que é; o outro é o acto de ser (actus essendi) que lle dá á súa esencia unha existencia real.

Ser contingente e ser necesario

Ser necesario: “aquilo que non pode non ser”.

Ser contingente: “aquilo que pode ser ou non ser”.

Naturaleza

A natureza dun ser é a súa “esencia en canto que esta é un principio de operacións”, é dicir, a natureza é a causa esencial das actividades de cada ser.

Proceso de hominización e humanización

O proceso de hominización son os cambios na estrutura do corpo que, segundo as hipóteses, se producen nos homínidos antecesores do home ata chegar ao homo sapiens. Curiosamente, son cambios que conducen á inespecialización do home respecto a un ambiente determinado, e á apertura posible ao dominio de todos os ambientes. O home faise inviable en termos de especialización biolóxica individual. Como individuo separado perde toda posibilidade de sobrevivir. Necesita de outros homes e da cultura humana para sobrevivir e progresar. É un movemento ou unha situación distinta “innovadora”, “rara”, fóra da liña xeral de adaptación ao entorno físico e de especialización corporal que sostén a evolución. O proceso de humanización son os cambios sociais e culturais (non corpóreos) que permiten ao home transformar o ambiente e natureza, co progreso científico e técnico incluído. Principais cambios na hominización:

  1. Cambios na estrutura mandibular (reducción do ancho ou alargamento da estrutura do cráneo; aumento do tamaño da dentición dianteira e redución da dentición traseira; redución da musculatura mandibular pola dieta menos abundante en carne)
  2. Aumento do tamaño cerebral (coeficiente de encefalización): Aust: 500ccc; H.h: 700; H.e: 1.000: H. s:1.300. O do Neandertal era maior: 1.400 ccc.
  3. Bipedismo (causas: suposta deforestación, liberación das mans para uso de instrumentos e aprovisionamento de alimento; mellora da eficiencia enerxética no movemento local; mellora da eficiencia da vista para ver movementos de animais para caza ou os perigos de depredadores). Cambios corporais que acompañan ao bipedismo: curvatura da columna vertebral; engarce no cráneo por abaixo, non por detrás; estreitamento da pelvis, dedos dos pés alineados, incluído o polegar).

Sentidos do termo “naturaleza”

En sentido físico: é o conxunto dos seres materiais existentes que non foron transformados pola tecnoloxía. Con este termo referímonos ao natural, fronte ao artificial ou un invento de deseño e factura humanos. En sentido metafísico (aristotélico): é “o principio de movemento e de reposo intrínseco dun ser”. Por tanto, a natureza é dúas cousas: 1. Principio de actividade, de movemento, de acción, de transformación. 2. Principio de reposo, de estabilidade no ser, de identidade, de seguir sendo esencialmente o mesmo a pesar dos cambios.

Entradas relacionadas: