O proceso de formación do Estado Visigodo e a súa organización política

Clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,09 KB

Proceso de formación del Estado Visigodo: la ocupación del territorio

En 409 entran na Península os vándalos (Bética e Meseta Norte), os suevos (noroeste) e alanos (centro). O Imperio Romano envía efectivos para expulsar a estes pobos, aínda que en 415 os visigodos establecéronse na Península. Os suevos afiánzanse en Galicia, mentres que alanos e vándalos son derrotados e os seus territorios pasan a formar parte do reino visigodo de Tolosa. Cántabros, astures e vascones permanecen no norte. En 507, os visigodos son derrotados en Galicia asentándose definitivamente na Península formando o Reino Visigodo con capital en Toledo. Durante os séculos VI e VII, os visigodos intentan a unificación territorial e política, aínda que en 552, Justiniano I, emperador de Bizancio aséntase na costa andaluza nun intento de reconstruír o vello Imperio Romano.

Con o reinado de Leovigildo derrota aos suevos en 585, aos cántabros e astures en 580 e en 625 aos bizantinos e vascones. O reino visigodo mantense dominando a península ata 711, cando se produce a invasión musulmá.

Organización política

Organización del poder central. Os reis visigodos elixidos mediante monarquía electiva (os nobres visigodos elixían ao rei) gozaban de gran poder, aínda que compartían institucións como o Aula Regia (asamblea da aristocracia visigoda). Coa conversión ao catolicismo de Recadero, os concilios eclesiásticos (reunión de obispos para interpretar a doutrina relixiosa) adquiren poder político e lexislativo. A Igrexa convértese na legitimadora da monarquía visigoda.Organización territorial. O territorio estaba dividido en provincias (Ducados) dirixidas por un DUX.

Os enfrontamentos entre a nobreza para facerse co poder causan unha inestabilidade que aproveitaron os bizantinos para asentarse na costa andaluza. Esta inestabilidade cambia co reinado de Leovigildo (569 – 586) que consolida o poder real e unifica o territorio. Máis tarde, Recesvinto unifica a xustiza facendo un único código xudicial promovendo a igualdade xurídica.

Entradas relacionadas: