Producción Diverxente e Estratexia Creativa: Aptitudes e Componentes

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,03 KB

1o Pregunta: Rasgos da produción diverxente

Guilford elaborou unha teoría na que sistematizou as aptitudes intelectuais emparentadas coa creatividade. En 1956 presentou o seu modelo tridimensional sobre a estrutura do intelecto. Nel, Guilford inclúe todas as aptitudes que, segundo a súa concepción do intelecto, definen un comportamento intelixente.
En canto á creatividade se refire, Guilford inclúe, dentro da dimensión de operacións, ademais da produción converxente que é a obtención, ante un problema, da solución única ou convencionalmente aceptada; a produción diverxente, que é a que leva a diversas posibilidades de solución dun problema, apartándose das solucións únicas ou preestablecidas.
As 24 aptitudes de produción diverxente están referidas a catro tipos de aptitudes, que son a fluidez, flexibilidade, orixinalidade e elaboración. Sendo estas aptitudes as que definen e caracterizan o pensamento creativo.

Fluidez:

representa o aspecto cuantitativo, alude á cantidade, o fluxo de ideas que un suxeito é capaz de producir ante un problema. Hai cinco tipos de fluidez: verbal, ideativa, asociativa, expresiva e figurativa.

Flexibilidade:

refírese ao aspecto cualitativo da produción e vén a indicar a capacidade dun individuo para vencer a inercia do pensamento, para reestruturar as situacións e dar solucións diferentes ante un problema. Está a flexibilidade espontánea e a adaptativa.

Orixinalidade:

é a capacidade para producir respostas infrecuentes estatisticamente, relacionadas de maneira remota ou talentosa. Jerarquía de asociación e forza de asociación.

Elaboración:

permite ao individuo imaxinar os pasos seguintes, unha vez se concibiron imaxes, pensamentos ou frases.


2o Pregunta: Estratexia creativa

Orixe

O orixe da estratexia creativa está nun problema de mercado que ten o empresario. Analízase o contexto de mercado (produto, consumidor, competencia e mercado) para definir o problema e establecer uns obxectivos de marketing ao respecto. A partir de aí realízase a estratexia de marketing, que se apoia nas 4P do Marketing Mix (Produto, Distribución, Prezo, e Publicidade). Hai que redefinir o problema de marketing para convertilo nun problema de comunicación e así marcanse os obxectivos da publicidade para levar a cabo a estratexia publicitaria. Ésta compóñese da estratexia creativa e da estratexia de medios.

Función

A función da estratexia creativa é en último termo, dar unha solución ao problema de comunicación do empresario con eficacia, é dicir, cumprindo os obxectivos de comunicación para así cumprir os de marketing. Ademais, a orixinalidade é necesaria para que a mensaxe destaque dentro dun mercado saturado e se produza a diferenciación da marca.

Componentes

A estratexia creativa ten tres elementos esenciais:
Briefing-> idea ou concepto-> formatos creativos

Entradas relacionadas: