A reconstrución monetaria no período de entreguerras
Clasificado en Historia
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,69 KB
A difícil reconstrución monetaria do período de entreguerras
Unha vez rematada a Primeira Guerra Mundial, aínda que non había unanimidade, predominaba a idea de que conviña recuperar o patrón ouro como forma de volver impulsar a economía internacional e contribuír á recuperación económica.
Porén, a situación económica era moi distinta á de antes da guerra e, ademais, as diferenzas entre países aumentaran. Os diferentes graos de destrución e a forma en que se financiou a guerra en cada país explican parte dese aumento das desigualdades. Entre os problemas de carácter xeral destacan os seguintes:
- Escaseza de reservas: Os países tiñan menos reservas de metais.
- Inflación: Había unha situación inflacionaria que, nalgúns países, chegaba á hiperinflación.
- Incerteza monetaria: Non se sabía cal era a situación real de cada moeda.
- Débeda e reparacións: A retirada de crédito aos Aliados e as reparacións constituían un problema engadido.
- Desconfianza internacional: A falta de cooperación dificultou a defensa do patrón ouro ante ataques especulativos.
Todos estes problemas levaron a que, durante os primeiros anos da posguerra, se mantivesen os tipos de cambio fluctuantes e houbese moita inestabilidade monetaria.
Vías para a reconstrución do patrón ouro
De tódolos xeitos, vaise intentar reconstruír o patrón ouro. Para iso había dúas vías posibles:
- Vía ortodoxa: Consistía en recuperar a mesma paridade existente antes da guerra (seguida por Gran Bretaña).
- Vía heterodoxa: Consistía en devaluar a divisa en concordancia coa verdadeira situación económica e monetaria do país (seguida por Francia).
Despois estaban casos máis dramáticos, como os de Alemaña, Austria ou Polonia, que tiñan os seus sistemas monetarios totalmente destruídos e debían recompoñelos por completo.
O caso británico, francés e alemán
En Gran Bretaña apenas ninguén dubidaba de que había que volver ao patrón ouro; o debate, por tanto, centrábase en torno ás paridades e ao momento elixido. O retorno de Alemaña, Gran Bretaña e Francia ao patrón ouro levou a que outros países tamén intentasen recuperalo.
Pero o certo é que o patrón ouro de entreguerras funcionou moito peor que antes da Primeira Guerra Mundial. A explicación a este mal funcionamento hai que buscala non nos aspectos técnicos, senón en circunstancias económicas, sociais e políticas moi diferentes ás existentes antes de 1914.