Reformas do Conde Duque de Olivares no século XVII

Clasificado en Griego

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,99 KB

Con Felipe II comeza a guerra dos 30 anos. A paz estaba ameazada polo conflito entre protestantes e católicos, baseado ata entón na hegemonía dos Habsburgo en Europa. A guerra dos 30 anos coa hegemonía de Westfalia.
O reinado de Felipe IV desenvolveuse nun escenario de guerra permanente. A crise e decadencia española tocaron fondo. En política interior, produciuse unha crise gravísima antes de que a guerra acabase con todas as ilusións, o novo monarca, Felipe IV e o seu valido pretendían devolver á monarquía hispánica todo o seu esplendor no século XVII. Caracterizouse por un século de crise:

Crisis demográfica:

Ao finalizar o século era inferior ao comezo. As causas son as sucesivas crisis de subsistencia e a expulsión dos moriscos, a emigración a América.

Crisis económica:

Disminución da produción agrícola pola escasa man de obra, a recesión da artesanía castelá, un mercado reducido e exportaban materias primas e importaban manufacturas.

Crisis social:

Existían dous estamentos privilexiados, o clero e a nobreza. O estamento non privilexiado ou terceiro estado, estaba formado por un grupo diverso. Isto produciu bandolerismo, a emigración interior e exterior e revoltas.
Felipe IV foi un rei culto e con interese polas tarefas de goberno e os problemas de Europa.
O ideario do Conde Duque de Olivares apoiábase en dous principios: a reputación e a reformación.
La poboación recibiu mal os seus proxectos de reforma e os grupos sociais que podían saír prexudicados bloqueáronos;

Proxecto dunha rede nacional de erarios:

Pretendía crear unha rede nacional de erarios que liberara á Coroa da súa dependencia da banca estranxeira.

Proxecto de unificación xurídica e institucional da monarquía:

A máis importante era a unificación da monarquía baixo unhas mesmas leis e institucións, segundo o modelo de Castela.

Proxecto dun exército nacional permanente:

A Unión de armas. Pretendía ser un exército permanente e con iso Olivares pretendía a creación dun exército poderoso e eficaz.
As necesidades financeiras da monarquía a causa da Guerra dos trinta anos obrigárona a aplazar as reformas e a recorrer a medidas que agravaron aínda máis a crise social e económica.
En consecuencias, o descontento social e a oposición á política generalizáronse por:

Os territorios periféricos rechazaron as intencións unitarias e centralistas de Olivares

A alta nobreza negouse polo escaso protagonismo que lles deixaban as reformas

As clases populares estaban esgotadas economicamente e sufrían unha gran presión fiscal

Desencadearonse rebelións por todas partes. O momento máis crítico para a monarquía produciuse cando estalaron as rebelións de Cataluña e Portugal. A impopularidade do valido foi en aumento, Felipe IV apartouno da política

Entradas relacionadas: