O Reformismo Borbónico en Galicia: Reformas, Centralismo e Impulso Naval

Clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,08 KB

O Reformismo Borbónico en Galicia

O Reformismo Borbónico consistiu nas reformas políticas e económicas impulsadas polos reis Borbóns a partir de 1700, baseadas na monarquía absoluta, o centralismo e o Despotismo Ilustrado.

Durante o século XVIII destacaron Fernando VI e, sobre todo, Carlos III, quen promoveu reformas con ministros como Grimaldi e Esquilache, mais atopou oposición da nobreza e da Igrexa. O Motín de Esquilache (1766) obrigouno a moderar o seu programa, aínda que continuou con ministros españois como Aranda e Floridablanca.

As reformas buscaron mellorar a agricultura, a industria e o comercio, pero tiveron resultados limitados, xa que se mantiveron a sociedade estamental e a monarquía absoluta.

O Reformismo Borbónico en Galicia

Os Borbóns reforzaron o centralismo en Galicia creando, en 1712, a Intendencia do Reino de Galicia con sede na Coruña, encargada da facenda, xustiza e asuntos militares.

A Importancia Estratéxica e Naval

Pola súa posición estratéxica, Galicia foi clave na defensa do imperio. En 1726, José Patiño fundou en Ferrol o Departamento Marítimo do Norte, e en 1746, co Marqués da Ensenada, construíronse os estaleiros e o arsenal, convertendo Ferrol nun centro industrial e naval con forte crecemento demográfico e coa Academia de Gardamariñas (1776).

Para formar tripulacións creouse a Matrícula de Mar, un sistema de recrutamento obrigatorio para mariñeiros das zonas costeiras, a cambio de vantaxes fiscais. Xerou protestas e problemas e foi abolida en 1802.

O Impulso ao Comercio Exterior

A nivel económico, o século XVIII destacou polo impulso portuario. En 1764, Carlos III fundou na Coruña o Servizo de Correos Marítimos con América, que transportaba mercadorías, persoas e correspondencia. Isto favoreceu o crecemento do comercio e da industria conserveira.

En 1785, creouse o Real Consulado Marítimo e Terrestre da Coruña, que fomentou o comercio e a creación de Escolas de Náutica. O Decreto de Libre Comercio (1778) permitiu comerciar con América a portos como A Coruña, Vigo e Ferrol, poñendo fin ao monopolio de Cádiz e impulsando o desenvolvemento económico e urbano galego.

Entradas relacionadas: