O reinado de Isabel II: desamortizacións de Mendizábal e Madoz

Clasificado en Griego

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,38 KB

A lo largo das dúas etapas do reinado de Isabel II realizáronse reformas económicas de signo liberal, ao tempo que se produciu unha revolución social. A Regencia de Mª Cristina coincidiu coa Primeira Guerra Carlista. A guerra agravou a situación da economía, xa que aos problemas estruturais se uniu o esforzo para financiar a guerra. As desamortizacións encádranse dentro das reformas económicas de signo liberal que se acometeron no reinado de Isabel II. Estas formaban parte das medidas para liberalizar a terra, xunto á supresión do maiorazgo e abolición do réxime señorial. As desamortizacións consistían na expropiación por parte do Estado de terras eclesiásticas e municipais para a súa venda en subasta pública. O verdadeiro proceso de desamortización realizouse con Mendizábal e Madoz. Tras o fracaso da etapa moderada e o inicio da Revolución liberal, Mendizábal propúxose desmantelar o sistema legal do Antigo Réxime. A desamortización de Mendizábal (1837-1849) consistiu na venda por subasta das terras expropiadas á Igrexa ou desamortización eclesiástica. Os obxectivos foron: sanear a Facenda, financiar o Exército e converter aos novos propietarios en adeptos fronte ao carlismo. A desamortización de Madoz de bens municipais, do Estado e eclesiásticos. As consecuencias das desamortizacións foron: incremento do número de terratenentes e posta en cultivo de numerosas terras abandonadas. Tamén supuxeron o distanciamento cos moderados, unha vez no poder non devolveron os bens á Igrexa. Na sociedade, produciuse o paso dunha sociedade estamental a unha de clases. Coa configuración do Estado liberal, os estamentos desapareceron ao imporse a igualdade xurídica. Así a poboación constituía unha soa categoría xurídica: a de cidadáns. Os cidadáns quedaron definidos pola pertenza a unha clase social. A nobreza perdeu a súa influencia ao perder os seus privilexios, seguiu presente nos altos cargos da Administración, do Exército e na política, e mellorou a súa situación económica. O clero cambiou coa revolución liberal; perdeu a súa principal fonte de ingresos, o décimo, e o monopolio da ensinanza. A Igrexa perdeu parte dos seus bens coas desamortizacións. A supresión de privilexios permitiu legalmente a mobilidade social, e as desamortizacións a posibilidade de conseguir bens. O progreso económico favoreceu a aparición dunha burguesía de negocios.

Entradas relacionadas: