O reinado de Isabel II e as desamortizacións

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,1 KB

As desamortizacións de Mendizábal e Madoz

O asentamento do liberalismo esixía tanto reformas políticas como a liberalización da economía. Para iso foi preciso recoñecer o dereito de propiedade e de liberdade de actividade profesional, industria e comercio, liquidando as bases económicas do Antigo Réxime. O obxectivo era facer da agricultura o motor da modernización da economía, e para iso as desamortizacións impulsadas polos progresistas foron o principal instrumento de cambio.

Os obxectivos das desamortizacións foron:

  • Aumento das rendas de Estado: buscou a xeneralización de ingresos e a diminución da débeda pública.
  • Vinculación dos propietarios co réxime liberal: a adquisición de terras ata entón en mans mortas debía crear unha masa de propietarios comprometidos co sistema isabelino (a volta ao absolutismo implicaría a devolución dos terreos aos seus antigos donos).
  • Modernización da agricultura: pensouse que os novos propietarios incrementarían a produtividade mediante a capitalización da terra. O aumento das colleitas elevaría os beneficios e abarataría os artigos de primeira necesidade.

As desamortizacións son coñecidas polo nome dos ministros progresistas que as impulsaron. O proceso afectou ao 40% da terra cultivable aproximadamente:

  • Desamortización eclesiástica de Mendizábal (1836):

    adoptada durante a Primeira Guerra Carlista para reforzar ao Exército cristián e gañar apoios entre o campesiñado, afectou aos bens do clero regular. Os bens desamortizados venderonse en pública subasta divididos en grandes lotes, aceptouse o pago en metálico ou con títulos de débeda pública. Espartero completou a desamortización eclesiástica con bens do clero secular. As relacións dos liberais coa Igrexa quedaron moi deterioradas.
  • Desamortización civil de Madoz (1855):

    concluíu a venda de bens eclesiásticos e aprobou unha desamortización civil que poñía á venda dous tipos de terras dos Concellos: bens comunais e de propios. Os ingresos investidos en infraestruturas ferroviarias superaron os obtidos con Mendizábal.

As consecuencias do proceso desamortizador:

  • Económicas: diminuíu a débeda estatal pero os ingresos non foron os esperados. A desamortización de Mendizábal permitiu reforzar o Exército isabelino e coa de Madoz melloráronse as infraestruturas.
  • Agrarias: aumentaron as colleitas máis polo cultivo que pola produción polo que os beneficios apenas creceron.
  • Sociais: a oligarquía enriqueceuse ao adquirir as mellores terras, consolidouse así a gran propiedade (latifundios) aumentando o número de xornaleiros. O empobrecemento do campesiñado agravouse coa perda do uso dos bens comunais e propios, así como o aumento das rendas polos novos propietarios.
  • Políticas: o fracaso do acceso do campesiñado á propiedade da terra e danos colaterais das desamortizacións explican o seu rexeitamento ao proxecto liberal. As desamortizacións provocaron a hostilidade da Igrexa cara ao réxime isabelino ata o Concordato de 1851.

Entradas relacionadas: